DINAMIZACION LINGUISTICA
O GALEGO NAS NOSAS MANS
Este ano dende o equipo de dinamización lingüística teremos propostas mensuais para vós para ir dándolle á nosa lingua un papel fundamental na vida do centro e tamén para poder gozar dela en familia.
Estade atent@s ás novedades e poderedes ir vendo por aquí os traballiños.
Animádevos e comprometédevos coa lingua!!!
Guías de lectura para o inverno 2022
Coma todos os anos, a Coordinadora de Equipos de Dinamización da Lingua Galega do Morrazo achéganos unha selección de propostas lectoras interesantes tanto para Educación Infantil como para Primaria.
Aquí podedes ver as recomendacións e máis abaixo tedes os ficheiros dispoñibles para descarga.
GUÍA DE INFANTIL
GUÍA DE PRIMARIA
21 días en galego
Onte como sabedes comezou a campaña de "21 días en galego". Animámosvos a falar coas nenas e nenos en galego e así que continúen na casa o que estamos a facer no cole e que collan gusto por expresarse na súa lingua.
VOLVEMOS A FESTEXAR!!
Este ano, grazas a melloría da situación sanitaria, pudemos volver celebrar as festiñas que nos gustan no cole.
No SAMAÍN, volvemos a facer exposición de cabazas decoradas. A pena é que o mal tempo chafara os nosos plans, pero haberá máis anos para poder facer o que pensabamos.
Aquí tendes unhas fotiños do preciosas que quedaron as cabazas.
En onte, no MAGOSTO, reencontrámonos coa ilusión, coa alegría, cos xogos, co cheiro a lume, co borro na cara.... Foi un día estupendo. Grazas á avoa e avó que axudaron e tamén ás persoas da ANPA que viñero a axudar a asar, se vós non teriamos asado as castañas. Só botamos de menos poder compartilo con todas as familias. Na memoria de todas está a última celebración do magosto, onde o cole se encheu de nais, pais, avoas e avós, e comemos xuntos e rimos moito e o pasamos tan tan ben! Seguro que virán tempos mellores que nos permitan volver a celebrar xuntos e a desfrutar dos bonitos momentos que nos deixa a convivencia.
Aquí vos deixamos unhas fotiños para que vexades...
A ver se 2022 nos deixa volver a desfrutar xuntos comendo castañas e chourizos e rindo ás gargalladas!!
Recomendacións lecturas Nadal 2023
RECOMENDACIÓNS DE LECTURAS DO ANO 2023 PROPOSTA POLA COORDINADORA DE EDNL DO MORRAZO
Recomendacións de lecturas para infantil 2023
https://abalarbox.edu.xunta.gal/index.php/s/3dJSFoRTtLoeQjE
Recomendacións de lecturas para primaria 2023
https://abalarbox.edu.xunta.gal/index.php/s/syPygWmHtP4dyG5