Biblioteca

Recomendaicóns Lectores polo Día do Medio Ambiente

O vindeiro 5 de xuño conmemórase o Día do Medio Ambiente. Xa podedes desfrutar no expositor da porta da biblio dunhas lecturas sobre o coidado do noso planeta.

Queremos facer unha mención especial ao libro "La Isla", de Anna Casals e Paolo Ferri, unha historia sobre a evolición do coñecemento humano e as consecuencias do progreso ilimitado:

No medio dun océano interminable, onde solo se vislumbra o horizonte, aparece de súpeto unha illa. É remota, misteriosa e exuberante, e está habitada por un grupo de Nenos Exploradores. Valente e curiosos, os xóvenes investigan o seu entorno e viven completamente conectados coa natureza. Pero unha serie de grandes descubrimentos, que o principio traen alegría e benestar, terminan provocando disputas e degradación da natureza. Poderán os Nenos Exploradores reverter esa situación antes de que sexa demasiado tarde??


 

Obradoiro de Xabón

En relación co noso proxecto "As raíces que nos unen" levamos a cabo un obradoiro de elaboración de xabón e pasta de dentes con herbas aromáticas e medicinais presentes na nosa contorna.

O xabón vimos como o elaboraban, xa que é un proceso químico algo perigoso para ser manipulado polas nenas e nenos máis pequenos da escola. Pero poidemos facer a nosa propia pasta de dentes!

Investigación sobre as flores autóctonas

Investigamos algunhas das flores autóctonas que podemos atopar na nosa escola e tamén na nosa contorna máis próxima, como o toxo, o liño, o chuchamel, os amorodos...

Ademais de aprender moito sobre estas flores, fixemos unhas representacións con diferentes técnicas artísticas que expuñemos nos corredores da nosa escola.

Vermes de Seda

Coa chegada da primaveira e, aproveitando que temos unha moreira na nosa escola, investigamos sobre o ciclo de vida dos vermes de seda.

É un privilexio ver en directo cómo eclosionan os ovos, van medrando os vermiños, coidalos dándolles de comer, ver como fan a crisálida e, finalmente, como saen dela convertidos en bolboretas. Todo un espectáculo!!!

Traballos na horta

Durante todo o curso estivemos a traballar na horta e no invernadoiro, plantando diferentes especies segundo a época do ano en que nos atopamos.

Tamén fixemos sementeiros de diversas plantas aromáticas para trasplantalas cando medren á nosa biblioteca exterior.

E investigamos sobre a xerminación, principalmente das leguminosas, aprendendo ademais sobre as partes das plantas, especialmente dos brotes.

Distribuir contido

Back to top