Recomendacións lectoras Nadal 2023

RECOMENDACIÓNS DE LECTURAS 2023-2024

Proposta da Coordinadora de Equipos de Dinamización Lingüística do Morrazo

 

Clica nas ligazóns para ver as lecturas recomendadas.

 

Recomendacións de lecturas para infantil 2023-2024

https://abalarbox.edu.xunta.gal/index.php/s/3dJSFoRTtLoeQjE 

 

Recomendacións de lecturas para primaria 2023-2024

https://abalarbox.edu.xunta.gal/index.php/s/syPygWmHtP4dyG5

 

3 DE DECEMBRO. DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DIVERSIDADE FUNCIONAL.

Este domingo, 3 de decembro, conmemórase este día internacionalmente. Dende os centros educativos sempre nos facemos eco do mesmo para axudar a sensibilizar ao alumnado para colaborar na súa educación en termos de inclusión e respecto da diversidade. Como onte era domingo, pasamos os actos para hoxe.

Por un lado, na entrada do cole temos unha exposición coas fotos que todas as familias enviastes baixo o lema "TODAS BAIXO O MESMO PARAUGAS".

 

                  

                                                                                                                

                                                              

Ademais desta actividade, varias persoas que forman parte da asociación DISCAMINO viñeron na mañá de hoxe ao centro para contarnos as súas experiencias vitais e axudarnos na concienciación do alumnado sobre toda a diversidade existente. O alumnado maior, de segundo e terceiro ciclo, asistiron atentas á charla que fixeron e aprenderon moito.

 

 

 

Por último, o profe Manu, traballara este baile que o alumnado representou para as persoas que viñeron a dar a charla e tamén para o resto de compañeiros de Infantil, 1º e 2º.

25N

Hoxe celebramos no centro o 25N.

Cando o alumnado chegou topouse coas escaleiras de cor lila coas frases que elas mesmas decidiran e crearan. 

             

     

Consideramos que, moitas veces, a violencia machista xérase por mor das desigualdades que existen entre homes e mulleres que están sustentadas en estereotipos que nos identifican como homes ou mulleres facendo o que se "supón" de nós e creando unha imaxe de  nós que condiciona o xeito en que se nos trata e no que tratamos aos demais. Por isto, dende o cole quixemos poñer o foco nos estereotipos, porque cremos que se acabamos con eles e axudamos a formar unha sociedade na Igualdade, este tipo de violencia desaparecería. Ademais é a parte na que a escola pode colaborar máis e facer máis traballo.

Ademais destas novas escaleiras que estreamos hoxe, todo o alumnado na biblioteca do centro asistiu ao estreo do vídeo que creamos entre todas con estas frases e outras moitas que recollen estereotipos comúns e habituais.

Aquí tedes e podedes desfrutar do traballo feito polos nenos e as nenas do centro.

 

Distribuir contido

Back to top