Beca aneae 2023-24
Está aberto o prazo de solicitude de AYUDAS PARA ALUMNOS CON NECESIDAD ESPECÍFICA DE APOYO EDUCATIVO PARA EL CURSO ACADÉMICO 2023-2024.
Podedes ver a convocatoria e toda a información no senguinte link.
O alumnado que cambie de centro debe entregar a documentación no centro onde vaia estudiar o vindeiro curso.
O prazo de solicitude é ata o 20de setembro, inclusive.
As familias que soliciten estas axudas deberán entregar a seguinte documentación:
- Solicitude de beca cuberta e debidamente asinada.
- Informe médico onde conste o diagnóstico.
- Certificado de discapacidade.
- Fotocopia de DNI do alumno e dos adultos da unidade familiar.
- Fotocopia do libro de familia.
- Título de familia numerosa (se así é).
- Xustificante do banco do número de conta onde o alumno figura coma titular de dita conta (ou deberán marcar a casilla de que autoriza ao centro a percibir os cartos).
- Memoria do gabinete.
- Se conviven outros membros no mesmo domicilio, certificado de empadroamento onde figure o domicilio do alumno de tódalas persoas que conviven.
Día da familia
Este domingo celébrase o día da familia. No cole levamos varios anos sen celebrar o día do pai e o da nai porque hai familias moi diversas que non responden a ese patrón.
Esta semana traballamos a diversidade familiar a través de contos e dende a coordinación da modalidade Inclúete de Contratos Programa plantexóusenos facer esta actividade conxunta. Que cada nena e neno representase a súa familia para deixar constancia da diversidade de familias que hai no centro. Logo fixemos este mural conxunto. Mirade que bonitiño. E como dixo un neno de infantil, lembrade, familia é unha xente que vive xunta e o màis importante, que se quere!! Non é unha bonita definición?? Feliz día das familias a todas, celebrade como se merece.
Contiños para traballar este tema:
Mi familia. Ed. Destino
En familia! Ed. Hércules
Familiario Ed. B de Block
El gran viaje de las familias extraordinarias.
Familiarium Ed. Comanegra
Unha chea de familias Xosé A. Neira Cruz
Mi familia especial Ed. El Pirata
Familias felices
I RASTREXO LITERARIO
Este sábado, fixemos no cole o primeiro rastrexo literario. Con motivo da conmemoración do día do libro e, despois de ter que aplazalo pola climatoloxía do propio día 23, este sábado poidemos levar a cabo esta actividade.
Era unha actividade pensada dende a modalidade CONVÍVET, dos CPIncúe, xa que o que buscabamos, ademáis de facer exercicio, era ter un momento de convivencia no centro co alumnado e as súas familias. Ademáis a fixemos en colaboración co equipo de biblioteca, xa que todas as probas estaban encamiñadas a darlle importancia e demostrar o que o noso alumnado e acompañantes sabían sobre literatura infantil.
Apuntáronse 10 equipos e foron saíndo escalonadamente de dez en dez minutos. Saían da pista do centro e volvían á mesma pista. No recorrido que os levou polos arredores do centro ata SanMartiño ían atopando xogos e probas que facer. A rapidez en facer o percorrido puntuaba e tamén o facían as probas en sí.
Estes días colgaremos algunhas fotiñas das saídas, pero polo que todas estades esperando é pola clasificación, así que, aquí a tendes:
EQUIPOS |
PROBA 1 | PROBA 2 | PROBA 3 | PROBA 4 | PROBA 5 | PROBA 6 |
TEMPO E PUNTUACIÓN |
TOTAL |
GATIÑOS VOADORES | 15 | 20 | 20 | 5 | 14 | 14 | 59min 16PTOS | 104 PTOS |
EQUIPO NEVERA | 15 | 20 | 24 | 5 | 12 | 20 | 1H 1min 15PTOS | 111 PTOS |
4 ANOS A TOPE | 15 | 20 | 24 | 5 | 12 | 12 | 1H 1min 15PTOS | 103 PTOS |
EXPLORADORES VELOCES | 15 | 20 | 24 | 5 | 14 | 15 | 1H 1min 15PTOS | 108 PTOS |
GRUPITO MOLÓN | 15 | 20 | 20 | 5 | 12 | 11 | 57min 17PTOS | 100 PTOS |
HORMIGAS VOLADORAS | 15 | 15 | 16 | 5 | 16 | 5 | 51min 18PTOS | 90 PTOS |
EXPLORADORES INCREÍBLES | 15 | 20 | 20 | 5 | 20 | 10 | 1H2min 14PTOS | 104 PTOS |
AS LETRAS VOADORAS | 15 | 20 | 24 | 5 | 14 | 11 | 57min 17PTOS | 106 PTOS |
OS DO CASAL | 15 | 20 | 24 | 5 | 20 | 15 | 47min 19PTOS | 118 PTOS |
POR LOS PELOS | 15 | 20 | 24 | 5 | 20 | 15 | 42min 20PTOS | 119 PTOS |
Polo tanto, tal e como vedes, xa temos equipo gañador: POR LOS PELOS. Noraboa!! Mañá no cole faremos entrega do seu agasallo de campeóns para que poidan seguir a desfrutar da literatura.
Queremos aproveitar para agradecer a participación das familias e a colaboración das familias e a ANPA que estiuveron botando unha man. Desexamos que fose unha tarde divertida para todas e que poidamos ir facendo máis actividades ao aire libre para desfrutar do bo tempo e da natureza.
Ata a próxima!!
Na seguinte entrega irán as fotiños.
Apertas a todas!!
ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2022/2023
Consulta información sobre admisión alumnado para o curso 2022/2023 accedendo á aplicación ADMISIÓNALUMNADO AQUÍ
Para o curso 2022/2023 as prazas dispoñibles no noso centro son as seguintes:
CURSO | ANO DE NACEMENTO | VACANTES |
4º INFANTIL | 2019 | 22+ 3 NEE |
5º INFANTIL | 2018 | 18 |
6º INFANTIL | 2017 | 11 |
1º PRIMARIA | 2016 | 14+ 3 NEE |
2º PRIMARIA | 2015 | 16 |
3º PRIMARIA | 2014 | 5 |
4º PRIMARIA | 2013 | 13 |
5º PRIMARIA | 2012 | 24 |
6º PRIMARIA |
2010 | 12 |
Lembramos as datas máis relevantes:
O prazo de presentación de solicitudes abranguerá do 1 ao 21 de marzo.
Publicación listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas, antes do 25 de abril.
Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas, antes do 15 de maio.
Formalización de matrícula para Infantil e Primaria, do 20 ao 30 de xuño.
NOTA: Só se poderá entregar unha solicitude de admisión, na que se poderán facer constar por orde de preferencia ata 6 centros.
NORMATIVA:
Decreto 13/2022 de 3 de febreiro
Orde de 18 de decembro de 2020
Se tedes calquera dúbida chamade ao centro e axudarémosvos.
21 días en galego
Onte como sabedes comezou a campaña de "21 días en galego". Animámosvos a falar coas nenas e nenos en galego e así que continúen na casa o que estamos a facer no cole e que collan gusto por expresarse na súa lingua.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- …
- seguinte ›
- última »