NORABOA LAURA E XABI!

Este sábado, Laura e Xabi, tiveron unha competición de TAE-KWON-DO e, gracias ao seu esforzo e traballo na súa preparación quedaron terceiros.

 

Noraboa por tan fantástico posto e sobretodo polas ganas e o esforzo co que ides a entrenar!

ESCOLA DE FAMILIAS

Para unirte á sesión pincha AQUÍ

ADMISIÓN ALUMNADO 2021

Comunicamos que todas as familias que solicitaron praza para as súas fillas/os para o curso próximo no centro foron admitidas. Porémonos en contacto con todas vós no momento en que haxa que facer a matrícula.

DÍA DO LIBRO

Como sabedes, hoxe día 23 de abril, celébrase o día do libro. Non é unha data calquera, escolleuse este día porque un día coma este morreron Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega.

Dende os coles sempre se traballo esta conmemoración, aínda que día a día nas aulas, os libros, a lectura, a investigación e o pracer de ter libros nas mans está presente.

Este ano, dende o equipo de biblioteca, a través do programa Eduemociona, quixemos afondar en qué sentimentos despertan en vós eses libros importantes que gardades na memoria: a primeira lectura, un agasallo especial, unha lectura compartida, un libro lido por unha avoa...todos eses momentos que encerran a maxia da lectura. Agradecemos a vosa colaboración aportando títulos e frases importantes que pudemos traballar nas aulas e que hoxe forman a exposición que creamos no cole para que a poidades desfrutar en familia esta fin de semana se vos pasades a dar un paseo polos arredores do cole. Para que a desfrute toda aquela persoa que camiñe por aquí. Con cada título hay unha historia recollida, pero sen dúbida, con cada título haberá tantas historias como persoas a leron e, a través destas frases compartidas queriamos "abrir os libros" para todas e todos. Compartir un anaquiño dos libros e un anaquiño de nós con eles. Desfrutádea, se o tempo nos deixa.

Agradecemos enormemente a vosa colaboración xa que doutro xeito non poderiamos tela feito.

E, aproveitade o día de hoxe para ler, ir á biblioteca, mercar un libro, regalar un libro, volver a ler un libro importante, lerlle ás nenas e nenos ou ás persoas maiores que vivan con nós, seguro que, en algún momento elas tamén nos leron a nós...aproveitade para desfrutar da lectura e dos libros.

Feliz día do libro!!

              

 

Escola de familias: Resolución axeitada de conflitos

Para unirvos á reunión, facede clic aquí.

Distribuir contido

Back to top