PROCESO DE ADMISIÓN 22-23. Fase de reserva de praza en centros adscritos.

Estimadas familias!

 

Dende hoxe e ata o vindeiro día 6 de febreiro estará aberto o prazo para reservar praza para o vindeiro curso 22/23 no IES A Paralaia, centro ao que estamos adscritos.

Para facelo poderedes:

  • Empregar a aplicación ADMISIÓNALUMNADO e presentala a través da SEDE electrónica, para o que deberedes contar cun medio de identificación electrónico (certificado dixital ou Chave 365). AQUÍ tendes a ligazón para acceder.
  • Presentala no centro, no que haberá copias da solicitude á vosa disposición.

 

Para calquera dúbida que teñades non dubidedes en chamarnos ao centro.

Guías de lectura para o inverno 2022

Coma todos os anos, a Coordinadora de Equipos de Dinamización da Lingua Galega do Morrazo achéganos unha selección de propostas lectoras interesantes tanto para Educación Infantil como para Primaria.

Aquí podedes ver as recomendacións e máis abaixo tedes os ficheiros dispoñibles para descarga.

 

GUÍA DE INFANTIL

 

GUÍA DE PRIMARIA 

FORMALIZACIÓN MATRÍCULA 22/23

De 20 a 30 de xuño deste curso poderedes formalizar a matrícula do alumnado de novo ingreso. Ademáis do propio formulario de matrícula teredes que entregar:

DNI dos membros da familia e do alumno/a, se o ten.

Fotocopia do calendario vacinal ou informe de telas vacinas ao día.

Dúas fotos tamaño carnet.

Fotocopia da tarxeta sanitaria.

No caso de familias de pais separados, copia da sentenza xudicial ou convenio regulador.

Estaremos no centro de 9 a 2.

SOLICITUDES TRANSPORTE E COMEDOR

Achegamos en adxunto os documentos para a solicitude de transporte e comedor para aqueles que non o solicitaran todavía ao centro e o precisen.

Podedes entregalo no centro en horario de mañá.

Listaxe definitiva de alumnado admitido

Estimadas familias. Xa están publicadas no taboleiro de anuncios do centro as listaxes de alumnado admitido para o vindeiro curso 2022/2023.

Todo o alumnado que solicitou praza no noso centro foi admitido. Avisaremos cando comece o prazo de matrícula de toda a documentación necesaria e os prazos para formalizala.

Estamos desexando ter aos voso pequechos e pequechas entre nós!!

Distribuir contido

Back to top