Voz Natura

DÍA DA AUGA

O pasado venres foi o Día da Auga, antes de irnos de vacacións traballamos nas aulas sobre a importancia da mesma, así de chulos nos quedaron os traballos que fixemos!!!

      

       

       

       

Día da Árbore

Hoxe é o Día da Árbore e dos Bosques, e non podíamos deixar pasar esta ocasión tan especial!!

A horta dos sentidos ten dende hoxe plantado un limoneiro que encherá de cor e olor a nosa horta!!!

Coidarémolo e mimarémolo moito!

Creando a horta

Seguimos preparando a horta!

Hoxe moitas das aulas colaboraron enchendo de terra os bancáis!

Encantados de estar cos pés e as mans na terra! Xa casi a temos lista para plantar!

Día dos ríos

Así conmemoramos o Día dos Ríos no cole, mirade canto traballamos nas aulas!!

Os nosos ríos

Os nosos reporteiros verdes de Peiteado e Xardinaría estiveron recopilando vídeos e fotografías dos ríos da nosa provincia para crear esta fermosa montaxe para o día dos ríos, que foi a semana pasada.

Botade un ollo!!

Día da Eficiencia Enerxética

O Martes foi o Día da Eficiencia Enerxética e o alumnado de programas formativos quere darvos uns consellos para reducir o consumo de enerxía e coidar o medio ambiente, en Lingua de Signos adaptada.

Kits de Xerminación de Leitugas

O alumnado de xardinaría estivo a preparar uns kits de xerminación de Leitugas para a nosa Horta dos Sentidos, prepararon os jifis, as sementes, e a explicacións nunhas bandexas, e hoxe Jeni e Abel repartiron os kits polas aulas aos seus compañeiros e compañeiras e explicáronlles cómo facer a eles e as súas profes, agora a esperar os resultados!!

      

       

 

Día das baleas e osos polares

Que vos parece como traballaron o Día das Baleas e do Oso Polar no cole as aulas 1, 3 5 e 6? 

Fixeron un traballo estupendo e coñeceron moitas cousas interesantes sobre estes animais tan especiais e como coidalos.

Saída CEE Santa María e USC

Hoxe algúns dos alumnos e alumnas do centro, acompañados polas profes Mila e Yolanda, tiveron a oportunidade de coñecer a contorna de Lugo, facendo unha camiñata guiados/as por alumnas e profes da USC. Foi unha experiencia maravillosa e moi enriquecedora para todos e pasamos unha xornada moi divertida!

Repetiremos seguro!!!

DÍA DA ENERXÍA

Onte foi o día da enerxía e o alumnado de Peiteado estuveron traballando os diferentes tipos de enerxía a través de este panel de robótica, parárono xenial co ratón robot