Día da Terra

O pasado 22 de Abril foi o Día da Terra. Para concienciarnos de que hai que coidala, unha Terra enfer,a, elaborada polos rapaces/as de Programas Formativos, foi rodando polas aulas e o alumnado do centro foi sanándoa con boas accións que axudan a que coidemos o noso planeta. Así, todos aprendimos unha morea de cousas que podemos facer para coidar da nosa Nai Terra e conseguimos unhas medallas por ser coidadores da mesma.