Informamos que os días 17 e 18 de maio non haberá clase por ser festivo e día non lectivo, respectivamente.
Retomaremos a actividade o mércores, 19 de maio.
Un saúdo.
Non podemos deixar pasar o "Día do Libro 2021" sen compartir convosco o reto que nos lanzou Charibot, a nosa mascota da biblio. Queredes saber no que consistiu o reto? Convidamosvos a acceder á seguinte ligazón para descubrilo:
A XANELA DOS SOÑOS: DÍA DO LIBRO
Pola nosa parte, animarvos a participar e dar as grazas a "Charibot" por convidarnos a participar nuns retos tan chulos.
Por certo, para que non o saiba, a nosa Charibot é este curso "Charigrina". Anda de peregrinación pola "Vía da Plata" e resulta admirable que se pare un pouco no camiño para lanzarnos este reto. Boa viaxe Charigrina, non estás soa, nos tamén estamos axudándote a conseguir os Km para chegar a tempo a Santiago para o día das Letras Galegas.
Foto de Arquivo de Charigrina antes de coller o avión a Sevilla para comezar a peregrinación.
Informamos que o período de vacacións de Entroido será do 15 ao 17 de febreiro, ambos inclusive, tal e como se establece na Orde do 25 de xuño de 2020 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2020/21.
Retomaremos as clases o xoves, 18 de febreiro. Ata entón, desfrutade de estos días.
Un saúdo.
Xa están activas as aulas virtuais dos diferentes grupos.
Para poder acceder ao espazo do voso fillo/a, tedes que introducir o nome e apelido do alumno/a separado por un punto con letras minúsculas (nome.apelido), ademáis de marcar o contrasinal:12345
Ao acceder por primeira vez o sistema solicitará unha contrasinal propia.
Ante calquera dúbida contactade coa titora e será ela quen traslade a incidencia ao equipo de TICs.
Do martes 14 de decembro ata o martes 21 de decembro poderedes recoller na conserxería do centro as máscaras para o alumnado matriculado en educación primaria e ESO no CEE Nosa Señora do Rosario, distribuidas segundo a ORDEN do 28 de outubro de 2021 pola que se regula os criterios e o procedemento de distribución de mascarillas entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería así como en centros privados concertados no curso 2021/22.
Os vindeiros luns e martes, 7 e 8 de decembro respectivamente, non serán lectivos, tal e como se establece no calendario escolar (Orde do 25 de xuño de 2020).
Así celebramos no Cole o día da Discapacidade.
O venres 6 de novembro a Xunta de Galicia publicou a orde que regula a distribución de máscaras entre alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial no curso 2020/2021. De entre todo o alumnado matriculado no centro, o alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020/2021 non ten que presentar solicitude. O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar pero que estea matriculado en educación especial (infantil e programas formativos de FP básica) ten que presentar a solicitude no centro, preferiblemente de xeito telemático, ou a través de sede electrónica (código de procedemento ED330E).