Aula virtual e Galería

  

Familias

ANPA

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.

Iniciar sesión

Voz Natura

Proxecto Voz Natura

Reciclamos?

Esta semana e para finalizar, por este curso, co proxecto "construamos un futuro sen plástico" de Voz Natura, compartimos con vosco un Make It elaborado pola profe Sonia sobre a reciclaxe: (Pulsa na Imaxe para acceder)

Imaxe obtida en https://www.amarilloverdeyazul.com/dia-mundial-del-reciclaje-2018/

Por outra banda, recomendámosvos tamén o seguinte libro da editorial Kalandraka chamado "Plásticus Marítimus, Unha Especie Invasora". Trátase dunha guía de campo para concienciar sobre a contaminación por plástico e sensibilizar para un uso racional do mesmo. 

 (Pincha na imaxe para acceder)

Feliz verán de parte do equipo de Voz Natura. Vémonos pronto. Gozade moito do verán e lembrade: canto menos plástico empreguemos na nosa vida, máis nolo agradecerá a natureza.

Voz Natura - A Horta de Charito

Voltamos con actividades para que non vos esquezades da nosa horta, a cal segue a coidar Amalia (moitas grazas de parte de tod@s nós!!!!!).

Pincha na imaxe e descubre o Genial.ly que fixemos para esta ocasión. Podes pulsar en calquer debuxo que atoparás na foto da nosa horta.

Esperamos que vos guste.

DÍA DO MEDIOAMBIENTE

5 DE XUÑO - DÍA MUNDIAL DO MEDIOAMBIENTE

 

Hoxe é venres 5 de xuño de 2020, Día Mundial do Medioambiente, un dos máis importantes do calendario ecoloxista, que foi fixado en 1972. Co fin de que conmemoredes este día dende as vosas casas invitámosvos, por unha banda, a que leades o conto “ A árbore xenerosa” de Shel Silverstein, da editorial Kalandraka.

 

https://www.youtube.com/watch?v=lpzNj82y0ks.

 

Por outra banda, tamén vos convidamos a visitar a web http://www.tuhuellaecologica.org/  na que poderás medir a túa pegada ecolóxica e descubrir infinidade de cousas que podemos facer no noso día a día para conseguir unha sociedade sostible.

 

Esperamos que vos guste e vos faga pensar na importancia de que todos coidemos o noso planeta.

 

 

Unha forte aperta.

Decorando as nosas hortas

Bo día,

deixamos por aquí unha nova proposta do Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares para que non vos esquezades do horto.

Moitas grazas querida Amalia por coidar da nosa horta

Hoxe queremos facerlle unha pequena homenaxe a Amalia, xa que estase a encargar do coidado da nosa pequena horta, para que siga crecendo e o traballo do noso alumnado non fose en balde.

Ata estamos a pensar en cambiarlle o nome á nosa "Horta de Charito" e chamala a "Horta de Amalia". Os nosos aplausos de hoxe e este poema de Díaz Castro van para ti. Moitas grazas por todo! 

Herba pequerrechiña,
que con medo sorrís
ó sol que vai nacendo
e morrendo sin ti.
Por que, de ser pequena
te me avergonzas ti?
O Universo sería
máis pequeno sen ti!

Xosé María Díaz Castro - Esmeralda (Nimbos) 1961

 

Novas actividades para ser unhas boas agricultoras

Bo día,

Personajes de dibujos animados trabajando en agricultura | Vector ...

 

Imaxe obtida en Freepik

tedes unha nova proposta por parte de do Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares para que non vos esquezades da nosa coa horta, outra forma de continuar co proxecto de Voz Natura. Se queredes acceder ás actividades ou observar como creceu a nosa horta, non dubidedes en pulsar no arquivo.                           

 

ACTIVIDADES HORTO ESCOLAR

O proxecto do centro deste ano, do que xorde a temática da meirande parte das actividades desenvolvidas ao longo deste curso, é “O mundo nas nosas mans”, o cal nace da proclamación pola ONU do 2020 como ano internacional da “Sanidade Vexetal”, e que ao mesmo tempo está relacionado co proxecto de Ecocomedores e co programa de “Voz Natura”, nos que participa o noso centro educativo.

Tendo en conta isto, dende o Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares do noso centro, propoñémosvos as seguintes actividades, co fin de que dende as vosas casas continuedes o traballo iniciado este ano. 

Esperamos que sexa de voso agrado.