Prazo de presentación de solicitudes de bolsas e axudas para alumnado con necesidade de apoio educativo: Dende o 18 de maio ao 30 de setembro de 2023.
Para acceder a solicitude pincha no seguinte enlace:
Informamos que, debido a unha incidencia, tivemos que realizar un cambio no menú previsto quedando como segue:
Mércores, 22 de xuño
PRIMEIRO PRATO: Ensalada rusa.
SEGUNDO PRATO: Tortilla de pataca.
POSTRE: Froita.
Tívose en consideración as oportunas dietas especiais.
Un saúdo.
Equipo de comedor.
Estamos moi contentos de convidaros a todos e todas á primeira Xuntanza de Familias do Rosario.
Teremos espectáculo de maxia, obradoiros de pintacaras e globoflexia, xogos e un pequeno aperitivo para que disfrutemos todos xunt@s dunha tarde de convivencia e diversión.
Contamos con vós!
Como saberedes no centro hai alumnado en practicas do FP2 en Mediación Comunicativa. Compartimos con vosco a iniciativa que están a desenvolver xunto á Casas da Mocidade Oleiros. O programa será o seguinte:
Na mesa 1: Teremos exercicios de dactilolóxico (o alfabeto manual).
Na mesa 2 : Coñeceremos o sistema Braille.
Na mesa 3: Aprenderemos algunhas cousiñas básicas dunha lingua oficial en España… A
lingua de signos española.
Na mesa 4: Amosarémosvos os pictogramas.
Na mesa 5: Se pasaches polas 4 mesas e conseguiches as túas pegatinas… Ven recoller aú túa recompensa!
https://centrosmocidadeoleiros.wordpress.com/2022/05/23/xornada-de-mediacion-comunicativa/
Animádevos!
A Campaña ImpliCAAte e EduCAAme, desenvolta por ALFASAAC co apoio do Ministerio de Asuntos Exteriores, ten como obxectivo a promoción do dereito á comunicación e a alfabetización para persoas con necesidades complexas de comunicación.
Para promover esta campaña, desde ALFASAAC, crearon dous posteres con ilustracións específicas sobre os dereitos en comunicación e alfabetización que nos gustaría compartir convosco xa que cosideramos necesario sensibilizar á sociedade sobre a necesidade de garantir o dereito de todas as persoas á alfabetización nas contornas familiares, terapéuticos, educativos e de lecer.
Campaña polo dereito á comunicación e alfabetización - Alfasaac
Tedes adxunto o arquivo PDF do poster para ver o mesmo con mellor calidade.
Informamos que os días 16 e 17 de maio, non haberá clase por ser día non lectivo e festivo, respectivamente.
Retomaremos a actividade lectiva o mércores, 18 de maio.
Un saúdo.