Aula virtual e Galería

  

Familias

ANPA - Extraescolares

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.

Iniciar sesión

blogue deadmin

Galiciaskills

Hoxe o noso alumnado de Programas Formativos están en Silleda a demostrar as súas habilidades con outros moitos centros de Galicia. 

Noraboa! Estamos moi orgullosos de vós!

 

RUTAS E HORARIOS TRANSPORTE

Para visualizar cada ruta individual, consulta no pdf adxunto.

Programa Cóxegas setembro 2023

Trasladamos dende a ANPA do centro a seguinte información:

Está aberto o prazo de inscrición no programa Cóxegas ata o día 5 de setembro ás 23:59 h.

Enlace para acceder ao formulario de inscrición: www.fedapascoruna.org/inscripciones

Calquera dúbida contactar coa ANPA.

II Xuntanza

Estades convidados todos e todas á II Xuntanza de Familias do CEE Nosa Señora do Rosario.

Teremos contacontos, obradoiros de pintacaras e globoflexia, xogos e un pequeno aperitivo para que disfrutemos dunha tarde de convivencia e diversión.

Contamos con vós!

Aviso folga no sector do transporte de viaxeiros

Informamos que o vindeiro xoves, 18 de maio, está convocada unha folga no sector do transporte de viaxeiros que podería afectar ao funcionamento e horarios das rutas do centro. 

Escola de nais e pais

Nesta nova xornada a proposta é poñer en práctica estratexias nas vosas rutinas diarias para axudar aos rapaces e rapazas a avanzar na súa linguaxe. Todos e todas seredes benvidos, sexa cal sexa o voso modo de comunicación. Contamos con vós!