O venres 6 de novembro a Xunta de Galicia publicou a orde que regula a distribución de máscaras entre alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial no curso 2020/2021. De entre todo o alumnado matriculado no centro, o alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020/2021 non ten que presentar solicitude. O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar pero que estea matriculado en educación especial (infantil e programas formativos de FP básica) ten que presentar a solicitude no centro, preferiblemente de xeito telemático, ou a través de sede electrónica (código de procedemento ED330E).
Adxunto | Tamaño |
---|---|
formulario máscaras.pdf | 1.05 MB |