Román Rodríguez gaba a iniciativa pioneira de ‘FP Adaptada’ do Centro de Educación Especial Nosa Señora de Lourdes e o CIFP Paseo das Pontes

O obxectivo é que seis alumnos con necesidades educativas especiais obteñan o certificado de profesionalidade en operacións básicas de pastelaría

O CEE ofrece formación curricular específica a estes alumnos, competencias que se reforzan no centro de FP e que se completan con prácticas en empresas

Gallego
p

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, e o delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, coñeceron esta semana de primeira man o proxecto FP Adaptada, unha iniciativa pioneira do Centro de Educación Especial Nosa Señora de Lourdes-Aspronaga e do Centro Integrado de FP Paseo das Pontes. “Unha iniciativa –salientou o conselleiro– en prol da inclusión educativa, que ofrece a seis alumnos con necesidades educativas especiais obter un certificado oficial de profesionalidade que vai redundar en máis posibilidades de inclusión na sociedade en xeral e no mercado laboral en particular”.

O titular do departamento educativo do Goberno galego quixo tamén destacar o valor deste proxecto “polo seu impacto no conxunto da comunidade educativa dos dous centros”. “No caso do Centro de Educación Especial, anima aos alumnos a fixarse novas metas, ao observar a experiencia positiva dos compañeiros; mentres que para o resto dos estudantes do Paseo das Pontes estes alumnos son un exemplo de esforzo e superación do que aprender”, asegurou.

“O ensino galego conta desde hai case unha década con opcións de FP específicas para as persoas con necesidades educativas especiais, cunha oferta dunha trintena de grupos en Programas Formativos Básicos”, lembrou Román Rodríguez. “Todas as iniciativas que se poñan en marcha co obxectivo de mellorar a vida destas persoas fomentando o desenvolvemento de todas as súas capacidades e talentos son benvidas e agardamos que este modelo poida exportarse a máis centros e situacións”, afirmou.

410 horas de formación

En concreto o proxecto piloto FP Adaptada pretende que seis alumnos do CEE Nosa Señora de Lourdes con necesidades educativas especiais maiores de 16 anos obteñan o certificado de profesionalidade en operacións básicas de pastelería. Para iso, e no marco do acordo de colaboración entre a Consellería de Educación e a Asociación Pro Persoas con Discapacidade Intelectual de Galicia (Aspronaga), combínanse os recursos do Centro de Educación Especial e do Centro Integrado de FP.

Como primeiro paso, os alumnos reciben formación curricular adaptada no CEE, competencias que se reforzan despois nas instalacións do CIFP Paseo das Pontes, completando un total de 330 horas de formación. O programa inclúe tamén 80 horas adicionais de prácticas en empresas. A formación desenvólvese ao longo de dous cursos, tras o que os estudantes obteñen o seu certificado, que os capacita para traballar como reposteiros, pasteleiros ou traballadores na elaboración de caramelos e doces, entre outras ocupacións.

A Xunta reforza a educación dixital cun novo programa escolar sobre o uso responsable das tecnoloxías e das redes sociais que chega a 130 centros

Nos colexios e institutos seleccionados desenvolveranse obradoiros prácticos sobre cuestións como a identidade e a pegada dixital, a seguridade ou a privacidade

O obxectivo é que os alumnos adquiran competencias e destrezas e dispoñan de ferramentas axeitadas para manexarse en liña de xeito seguro

As actividades levaraas a cabo a Consellería de Educación en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia ata finais de curso

Avánzase así nas estratexias de educación dixital e de convivencia escolar aprobadas nesta lexislatura

Gallego
d

Un total de 130 centros escolares de toda Galicia veñen de ser seleccionados para participar por primeira vez no programa Iniciación segura á pegada dixital e ás redes sociais, co que a Xunta de Galicia dá un paso máis no reforzo da educación dixital responsable.

Esta nova iniciativa, que a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades desenvolve por primeira vez este curso ao abeiro da Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2025 e da Estratexia Dixital 2030, ten como finalidade ofrecerlle aos alumnos información e ferramentas para a adquisición de competencias e destrezas para o uso responsable, útil, seguro e ético destas novas formas de comunicación e interacción.

O programa está dirixido a alumnos de 2º, 3º e 4º curso de ESO de centros sostidos con fondos públicos. Para iso, en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, nos centros seleccionados -a razón de 45 da provincia da Coruña, 25 de Lugo, 13 de Ourense e 47 de Pontevedra- levaranse a cabo obradoiros ata finais de curso.

Reforzo de competencias

O obxectivo principal é capacitar ao alumnado no uso seguro, responsable e proveitoso das Tecnoloxías da Información e a Comunicación. Para iso, reforzarase a competencia básica dos estudantes en seguridade na xestión dos seus perfís nas redes sociais; explicaranse os conceptos de identidade dixital e pegada dixital, e afondarase na configuración das opcións de seguridade e privacidade das redes sociais máis actuais entre os rapaces. Tamén se ofrecerán ferramentas e se explicarán recursos aos que poder acudir cando teñan algunha dúbida sobre o uso seguro da tecnoloxía.

Este programa forma parte das accións da Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2025, que recolle actuacións específicas para unha convivencia dixital responsable. Así mesmo inxírese na Estratexia Educación Dixital 2030, que contempla a preparación dos estudantes para adaptarse aos desafíos que os esperan no eido educativo, persoal ou profesional, poñendo á súa disposición os recursos adecuados para propiciar unha aprendizaxe máis dinámica, personalizada, colaborativa e creativa.

Listado de centros seleccionados:

A Coruña:

IES Brión

Brión

CEE María Mariño

A Coruña

IES Agra do Orzán

A Coruña

IES Fernando Wirtz Suárez

A Coruña

IES Plurilingüe de Ames

Ames

CPR Plurilingüe Ntra. Sra. del Rosario

Arzúa

IES Plurilingüe Castro da Uz

As Pontes de García Rodríguez

CPI de Cruz do Sar

Bergondo

CPR Plurilingüe Nuestra Señora del Carmen

Betanzos

IES Plurilingüe Pedra da Aguia

Camariñas

IES Cabo Ortegal

Cariño

IES Lamas de Castelo

Carnota

CPR Plurilingüe Manuela Rial Mouzo

Cee

IES Agra de Raíces

Cee

IES Eduardo Blanco Amor

Culleredo

IES de Curtis

Curtis

CPR Plurilingüe Jesús Maestro

Ferrol

IES de Catabois

Ferrol

IES Ferrol Vello

Ferrol

CPR Ntra. Sra. del Carmen

Fisterra

IES Fin do Camiño

Fisterra

CPI Plurilingüe Cabo da Area

Laxe

IES Urbano Lugrís

Malpica de Bergantiños

CPI Plurilingüe Virxe da Cela

Monfero

CPR Loyola

Mugardos

IES de Mugardos

Mugardos

IES As Insuas

Muros

IES Terra de Trasancos

Narón

IES Fernando Esquío

Neda

IES Miraflores

Oleiros

IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas

Oleiros

IES de Oroso

Oroso

IES Poeta Añón

Outes

CPR Plurilingüe San José

Pontedeume

IES Félix Muriel

Rianxo

CPR Plurilingüe La Milagrosa - Josefa Sobrido

Ribeira

CPR Plurilingüe Sagrado Corazón de Jesús

Ribeira

IES O Mosteirón

Sada

CEE O Pedroso

Santiago de Compostela

CPR Plurilingüe Ntra.Sra. de los Remedios

Santiago de Compostela

CPI Pecalama

Tordoia

CPI de Bembibre

Val do Dubra

CPI Plurilingüe de Vedra

Vedra

CPI de Zas

Zas

IES Maximino Romero de Lema

Zas

 

Lugo:

IES Plurilingüe Fontem Albei

A Fonsagrada

IES Fonmiñá

A Pastoriza

IES de Becerreá

Becerreá

IES Monte Castelo

Burela

IES Perdouro

Burela

IES da Terra Chá, José Trapero Pardo

Castro de Rei

CPI de Cervantes

Cervantes

IES Marqués de Sargadelos

Cervo

CPR Plurilingüe Martínez Otero

Foz

IES de Foz

Foz

CPI Dr. López Suárez

Friol

IES Poeta Díaz Castro

Guitiriz

CPI Plurilingüe Tino Grandío

Guntín

IES Muralla Romana

Lugo

IES Xoán Montes

Lugo

IES Pedregal de Irimia

Meira

CPR Plurilingüe Fundación Educativa Torre de Lemos

Monforte de Lemos

IES A Pinguela

Monforte de Lemos

IES Francisco Daviña Rey

Monforte de Lemos

CPI Plurilingüe Dr. López Suárez

O Saviñao

IES de Quiroga

Quiroga

CPR Plurilingüe Sagrado Corazón de Jesús

Ribadeo

CPR Plurilingüe Ntra. Sra. de la Asunción

Sarria

CPR Plurilingüe La Merced

Sarria

IES Vilar Ponte

Viveiro

 

Ourense:

IES Xermán Ancochea Quevedo

A Pobra de Trives

CPI Virxe dos Remedios

Castro Caldelas

CPR Plurilingüe Sagrado Corazón

Celanova

IES San Mamede

Maceda

CPR Plurilingüe Divina Pastora

O Barco de Valdeorras

IES Martaguisela

O Barco de Valdeorras

CPR Plurilingüe Divino Maestro

Ourense

CPR Plurilingüe Santa María

Ourense

IES 12 de Outubro

Ourense

IES As Lagoas

Ourense

IES O Ribeiro

Ribadavia

IES Xesús Taboada Chivite

Verín

IES Carlos Casares

Viana do Bolo

 

 

Pontevedra:

CPR Plurilingüe Nuestra Señora de Lourdes

A Estrada

IES Nº 1

A Estrada

CPI de Cova Terreña

Baiona

CPR Plurilingüe Virgen Milagrosa

Bueu

CPR Plurilingüe Casa de la Virgen

Cangas

CPR Plurilingüe Compañía de María

Cangas

IES María Soliño

Cangas

IES Monte Carrasco

Cangas

IES de Cotobade

Cerdedo-Cotobade

IES Plurilingüe Terra de Turonio

Gondomar

IES Ramón Mª Aller Ulloa

Lalín

IES Mestre Landín

Marín

IES de Meaño

Meaño

CPI de Mosteiro-Meis

Meis

IES As Barxas

Moaña

IES Plurilingüe A Paralaia

Moaña

CPI de Mondariz

Mondariz

CPI Plurilingüe Santa Lucía

Moraña

CPR Plurilingüe Lar

Mos

CPI Plurilingüe Arquitecto Palacios

Nigrán

IES Val Miñor

Nigrán

CPI Curros Enríquez

Pazos de Borbén

CPR Plurilingüe La Inmaculada

Ponteareas

CPR Plurilingüe Santiago Apóstol

Ponteareas

CPR Plurilingüe Calasancio

Pontevedra

IES Luís Seoane

Pontevedra

CPI Domingo Fontán

Portas

CPR Plurilingüe Vigo

Redondela

CPR Santiago Apostol

Soutomaior

CPR Santa María

Tui

IES Plurilingüe de Valga

Valga

CPR Plurilingüe Andersen Augalonga

Vigo

CPR Plurilingüe Compañía de María

Vigo

CPR Plurilingüe Don Bosco

Vigo

CPR Plurilingüe Losada

Vigo

CPR Plurilingüe Ntra. Señora de la Esperanza

Vigo

CPR Plurilingüe Possumus

Vigo

CPR Plurilingüe San Blas - Vista Alegre

Vigo

CPR Quiñones de León

Vigo

IES A Guía

Vigo

IES Álvaro Cunqueiro

Vigo

IES Politécnico de Vigo

Vigo

IES República Oriental do Uruguai

Vigo

IES San Tomé de Freixeiro

Vigo

IES Santa Irene

Vigo

IES Marco do Camballón

Vila de Cruces

IES Faro das Lúas

Vilanova de Arousa

 

Unha vintena de centros afondarán no potencial profesional da muller a través da experiencia de referentes femininas de distintos sectores

O obxectivo é promover a igualdade de oportunidades e favorecer que as nenas elixan o seu itinerario académico sen atender aos estereotipos de xénero

A iniciativa desenvólvese en colaboración coa asociación Executivas de Galicia e inclúe charlas, obradoiro de ‘SoftSkills’ e mentorías individualizadas

Gallego
ed

Un total de 20 centros educativos de toda Galicia participarán este curso no programa educativo EduReferentes, unha iniciativa que achega ás aulas testemuños de mulleres galegas referentes que destacan pola súa traxectoria profesional de éxito. A iniciativa é desenvolvida pola Xunta de Galicia, en colaboración coa asociación Executivas de Galicia, co obxectivo de promover a igualdade de oportunidades e favorecer que as nenas elixan o seu itinerario académico baseándose na súa vocación e non nos estereotipos de xénero.

De xeito paralelo, ponse en valor o traballo do colectivo de mulleres da Comunidade galega, que potencian as habilidades persoais do alumnado e lles dan a coñecer as súas respectivas profesións.

 

Os centros participantes son os da seguinte táboa:

Provincia

Concello

Centro

A Coruña

Abegondo

IES de Viós

A Coruña

A Coruña

IES Fernando Wirtz Suárez

A Coruña

Ferrol

IES Ferrol Vello

A Coruña

Ferrol

CIFP Ferrolterra

A Coruña

Monfero

CPI Plurilingüe Virxe da Cela

A Coruña

Muros

IES As Insuas

A Coruña

Santiago de Compostela

IES Plurilingüe Rosalía de Castro

A Coruña

Zas

CPI de Zas

Lugo

Castro de Rei

IES da Terra Chá, José Trapero Pardo

Lugo

Friol

CPI Dr. López Suárez

Lugo

Monforte de Lemos

IES A Pinguela

Lugo

Monterroso

IES Monterroso

Lugo

Sarria

IES Gregorio Fernández

Ourense

Maceda

IES San Mamede

Ourense

Viana do Bolo

IES Carlos Casares

Pontevedra

Lalín

IES Laxeiro

Pontevedra

Lalín

IES Ramón Mª Aller Ulloa

Pontevedra

Moaña

IES Plurilingüe A Paralaia

Pontevedra

O Porriño

IES Pino Manso

Pontevedra

Vigo

IES Valadares

Charlas e obradoiros

O programa vai dirixido ao alumnado de ESO e FP Básica de centros públicos. Nos centros participantes desenvolveranse charlas de 50 minutos nas que dúas profesionais referentes galegas de diferentes sectores achegarán ao alumnado aos seus ámbitos profesionais. Nestas sesións traballarase co alumnado os mitos sobre os diversos perfís profesionais desde unha perspectiva de xénero.

Como novidade este ano inclúense obradoiros educativos sobre SoftSkills (cualidades relacionadas coa escoita activa, o trabajo en equipo, a creatividade...), tamén de 50 minutos de duración e para grupos de 25 alumnos. A metodoloxía terá como base a educación emocional con perspectiva de xénero do alumnado.

O programa de actividades complétase, como é habitual, coas mentorías individualizadas, para as que os centros participantes farán unha selección de cinco alumnos que serán acompañados por profesionais referentes no seu ámbito. As mentoras compartirán a súa experiencia e coñecementos, apoiando aos estudantes na busca das súas fortalezas, habilidades e intereses ao longo dun máximo de cinco sesións individualizadas.

Arredor de 150 docentes e expertos intercambian experiencias sobre o papel das bibliotecas escolares

A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, subliña o apoio da Xunta a estes espazos de referencia na aprendizaxe multidisciplinar

Gallego
be

Arredor de 150 docentes vinculados aos equipos bibliotecarios dos centros educativos danse cita na xornada sobre Biblioteca Creativa para afondar, debater e intercambiar experiencias sobre as distintas iniciativas levadas a cabo nestes espazos escolares. A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, participou esta mañá na inauguración da xornada, cuxa conferencia inaugural correu a cargo de Arantza Mariskal Balerdi, experta en biblioteconomía e documentación e en xestión de recursos culturais.  

Na súa intervención, a directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, salientou o apoio da Xunta de Galicia ás bibliotecas escolares que a día de hoxe están consolidados como espazos de referencia na aprendizaxe multidisciplinar dentro do sistema educativo, xa que se traballan competencias de todo tipo, tanto tecnolóxicas ou científicas como de creatividade ou oratoria, entre outras.

A Xunta de Galicia, a través do Plan LÍA (Lectura, Información e Aprendizaxe) 2025, destina un total de 17M€ ao impulso de distintas actividades e iniciativas dentro das bibliotecas escolares. De aí que poidan desenvolver accións como a Biblioteca Creativa, con 148 centros adscritos, a de Biblioteca Solidaria, na que participan 190 centros, os Clubs de Lectura, en funcionamento en 401 centros, ou o programa Radio na Biblio que chega a 167.

Espazos de creación e experimentación

No caso concreto do programa Biblioteca Creativa, que arrancou no curso 2015-16, supón a dotación, dentro da biblioteca escolar, dun espazo de creación e experimentación que achegue ao alumnado e profesorado recursos e materiais axeitados, que favorezan unha aprendizaxe compartida.

No programa estimúlase a iniciación do alumnado no campo do pensamento computacional a través de diferentes actividades e búscase ampliar as linguaxes presentes na biblioteca (oral, escrita, icónica, audiovisual, artística…), promover a expresión oral, a alfabetización múltiple, o razoamento lóxico, a aprendizaxe manipulativa, o xogo, a investigación e o traballo colaborativo de profesorado e alumnado.

Rueda anuncia que a Xunta creará 9.500 novas prazas para estudar FP nos dous próximos cursos atendendo ás necesidades dos sectores produtivos e as comarcas

Resalta que o obxectivo é garantir “a conexión da FP co mercado laboral” e axustar a oferta de prazas a demanda real das empresas

A través do Plan Conecta FP Galicia analizaranse as especificidades de cada zona e deseñarase unha oferta formativa en colaboración coas empresas e axentes locais

O obxectivo é incrementar o número de cidadáns cun nivel de cualificación media, seguir reducindo o abandono educativo temperá, diminuír o déficit de traballadores cualificados e aumentar a empregabilidade da poboación

Subliña que para a súa elaboración apóstase pola “colaboración público-privada” coa participación de 10.000 empresas, 400 asociacións vencelladas ao sector produtivo e de arredor de 300 centros educativos

Preténdese que a cifra de empresas colaboradoras con estas ensinanzas se incremente nun 15 % cada curso académico e un 74 % na FP Dual

Colaborarán no seu desenvolvemento a Confederación de Empresarios de Galicia, a rede de Centros integrados de FP, outros departamentos do Goberno galego e as administracións locais

O investimento neste plan ascende a 30,7M€ cos que tamén se impulsará a avaliación e acreditación das competencias adquiridas pola experiencia laboral

Gallego
e

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou hoxe que o Goberno galego creará 9.500 prazas para estudar Formación Profesional nos dous próximos cursos ao abeiro do Plan Conecta FP Galicia, co que a Xunta analizará as necesidades dos sectores e dos territorios para deseñar ofertas de Formación Profesional a medida do tecido produtivo galego. Rueda destacou que o obxectivo é garantir a “conexión da FP co mercado laboral” e que a oferta de prazas se adecúe a demanda das empresas.

Para iso, a Xunta aposta pola “colaboración público-privada”. De feito, tal e como explicou Rueda, na elaboración deste Plan participarán diferentes departamentos da Administración autonómica, “unhas 10.000 empresas, 400 asociacións, máis de 300 centros escolares” e a Confederación de Empresarios de Galicia, entre outros.

Entre os obxectivos deste Plan Conecta FP Galicia, o presidente indicou que a previsión é “aumentar en 4.500” as prazas de FP no vindeiro mes de setembro e que Galicia gañe outras 5.000 no curso 2024-2025. Ademais, subliñou que esta medida busca “que o número de empresas colaboradoras con estas ensinanzas aumente un 15% en cada curso académico”, un incremento que podería superar o 70% no caso da FP Dual.

Ademais grazas a este Plan agárdase incrementar o número de cidadáns cun nivel de cualificación media, seguir reducindo o abandono educativo temperá (que acaba de marcar o seu segundo mellor rexistro histórico na nosa Comunidade, un 9,9 %), diminuír o déficit de traballadores cualificados e aumentar a empregabilidade da poboación. De forma paralela, mellorarase a competitividade das empresas, dando resposta ás necesidades de capacitación que deben ter os traballadores que precisan, o que redundará nunha maior confianza da FP.

O investimento neste plan ascende a 30,7M€ cos que, ademais de crear as devanditas 9.500 prazas, se impulsará a avaliación e acreditación das competencias adquiridas pola experiencia laboral, o que redunda tamén en mellores condicións para o acceso ao mercado de traballo destas persoas.

Participación

Para a implementación deste Plan, a Consellería de Cultura, Educación, Formación profesional e Universidades estableceu unha colaboración coa Confederación de empresarios, que participará de forma directa no seu desenvolvemento. Ademais, os 24 centros que constitúen a Rede de Centros integrados de Formación Profesional de Galicia, como referentes destas ensinanzas, terán tamén un papel destacado na organización e desenvolvemento destas actuacións.

Prevese que participen neste plan de máis de 10.000 empresas, entre as que se atopan as colaboradoras na formación do alumnado de FP, así como compañías referentes dos sectores significativos. Serán convidadas aos encontros máis de 400 asociacións, clústeres ou entidades vinculadas co sector produtivo, a totalidade das administracións implicadas (consellerías, axencias, fundacións, administracións locais...) e participarán máis de 300 centros educativos que imparten ensinanzas de FP.

Deste xeito, búscase realizar unha análise completa da situación do mercado laboral, que inclúa os diferentes puntos de vista e conseguir enlazar as necesidades de todos os participantes para acadar a mellora da FP e unha maior vinculación da mesma coas necesidades da sociedade.

Encontros sectoriais e territoriais

As actuacións vencelladas á elaboración do Plan Conecta FP Galicia divídense en varias fases. Na primeira fase realizaranse encontros sectoriais e territoriais en que se darán a coñecer as múltiples posibilidades do ecosistema de FP de Galicia, tanto de formación como de capacitación profesional, e recolleranse as necesidades de formación e capacitación que necesita o mundo laboral, tanto actuais como futuras.

Entre os meses de febreiro e marzo de 2023 desenvolveranse cinco encontros sectoriais, que reunirá ás empresas de forestal–madeira, da cadea mar–Industrias, do metal (automoción, naval, aeronáutica e construcións metálicas), de recursos naturais–enerxías sustentables e de turismo e hostalaría–industrias alimentarias. Ademais, para chegar ás empresas máis pequenas ou a sectores produtivos máis focalizados nunha zona xeográfica, organizaranse 14 encontros territoriais (catro encontros nas provincias da Coruña e Pontevedra e tres encontros nas provincias de Lugo e Ourense).

Os encontros sectoriais e territoriais de carácter presencial darán lugar á constitución de 19 grupos de traballo de ámbito sectorial e territorial en que estarán representados todos os axentes implicados e en que se traballará toda a información recollida nas dúas fases previas co obxectivo de facilitar o deseño de plans de formación profesional adaptados ás necesidades futuras dos sectores produtivos.

Nunha segunda fase estes grupos identificarán as necesidades actuais e futuras de formación das empresas, analizarán as posibles transformacións produtivas e a súa implicación nas competencias profesionais, incluíndo as profesións emerxentes, e concretarán os novos perfís profesionais relacionados con traballos futuros.

Froito deste traballo, cada un dos grupos elaborará un plan de acción de formación especializada para os seus ámbito profesionais. Estes 19 documentos conformarán o Plan Conecta FP Galicia, para o establecemento de ofertas de Formación Profesional á medida do tecido produtivo galego 2023-2025, que funcionará como unha ferramenta estratéxica para a definición das ofertas do sistema educativo.

Incremento do alumnado en Formación Profesional

Grazas a este Plan, a Xunta busca consolidar e ampliar o interese por unhas ensinanzas que contan cada vez con máis demanda entre o alumnado. No actual curso 2022-2023 matriculáronse preto de 61.000 persoas nalgún ciclo de Formación Profesional, o que supón un 75% máis que no curso 2008-2009, cando cursaban estes estudos case 34.800 alumnos.

Rueda anuncia a incorporación de cen docentes de apoio para a atención á diversidade noutros tantos centros escolares galegos

Recorda que Galicia é a Comunidade máis inclusiva por ter a maior porcentaxe de alumnos con necesidades especiais escolarizados en centros ordinarios

Adianta novas inversións no concello de Ames para facer fronte ao incremento da poboación, coa presentación do proxecto do novo CEIP Milladoiro (9,7 M€) e a ampliación do CEIP Agro do Muíño (3,4 M€)

É o primeiro centro construído integramente en base ao Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica co que se crean espazos máis abertos, flexibles e sustentables

Gallego
Diversidade

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, anuncia a incorporación de cen docentes de apoio para a atención á diversidade noutros tantos centros escolares galegos. O mandatario galego avanzouno en Ames, onde presentou o proxecto do novo CEIP Milladoiro, un acto no que estivo acompañado polo conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez. 

O titular do Goberno galego recordou que a construción dunha sociedade igualitaria, inclusiva e solidaria comeza polas aulas, e que por iso a Xunta, consciente da relevancia da educación, leva tempo traballando para dotala de medios, tanto materiais como humanos, que revertan nunha formación de calidade para as novas xeracións. 

No que respecta ao capital humano, Alfonso Rueda recordou que Galicia ten xa unha das mellores taxas en relación ao número de alumnos por mestre de España, xa que o 70% das aulas teñen 20 alumnos ou menos, pese a que o máximo é de 25 en Infantil e 30 na ESO e no Bacharelato. Galicia conta, ademais, co ensino máis inclusivo de España, xa que máis do 93% do alumnado con necesidades especiais está en centros ordinarios, un 10,7% máis que a media estatal. Para atendelos, a Comunidade dispón dunha rede de 4.000 profesionais destinados á atención á diversidade. 

O presidente da Xunta manifestou que se se acadaron esas cifras foi porque o Goberno galego leva moito tempo facendo un esforzo para investir en persoal cualificado nas aulas e que, coa intención de seguir na mesma liña, vaise dar un paso máis coa posta en marcha do Programa Acompaña, polo que se incorporará a cen novos docentes de apoio. Para consolidar un sistema educativo igualitario e de calidade, ese cento de especialistas de reforzo vanse incorporar a outros tantos centros de ensino galego a partir deste venres para ofrecer atención directa ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo. A iniciativa conta cunha inversión de 2,25 millóns de euros e beneficiará os alumnos de Educación Infantil e dos dous primeiros ciclos de Primaria. 

Ensino de calidade en Ames

Ofrecer un ensino de calidade implica dotar os centros de persoal cualificado e suficiente e dunhas infraestruturas modernas e eficientes. Eses dous obxectivos son os que levaron á Xunta a destinar unha inversión duns 13,2 millóns de euros nos vindeiros anos en Ames, un dos concellos galegos nos que máis está a medrar a poboación. Por unha banda, coa construción do novo CEIP Milladoiro (9,7 M€) e por outra, coa ampliación do CEIP Agro do Muíño (3,4 M€). 

O presidente da Xunta achegouse hoxe a Ames para, precisamente, dar a coñecer o proxecto do novo CEIP Milladoiro, que vai dispoñer dun dos maiores investimentos da Consellería de Educación nunhas instalacións que permitirán acoller 450 alumnos e atender así as necesidades educativas dunha poboación en aumento. 

O novo centro será, ademais, o primeiro construído en base ás pautas establecidas no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, posto en marcha no ano 2021 coa intención de crear espazos educativos máis abertos, flexibles, sustentables, intelixentes e integrados na contorna.  

Alfonso Rueda recordou que o Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica conta cun orzamento de 191 millóns que permitirá mellorar no futuro catro de cada dez centros educativos galegos.

A Xunta convida aos centros educativos a celebrar con Ponte... nas ondas! O día mundial da radio

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participa na presentación das actividades que a asociación está a preparar para o 13 de febreiro

Gallego
ponte nas ondas

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou hoxe na presentación da 12ª edición do Día Mundial da Radio organizado polo programa educativo Ponte... nas Ondas! coa que os institutos e colexios galegos terán a oportunidade de celebrar esta efeméride que se conmemora o vindeiro 13 de febreiro. O representante da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades animou aos centros educativos galegos a participar “e concienciar á rapazada da importancia desta iniciativa especialmente despois de ser recoñecida pola Unesco no Rexistro de Boas Prácticas do Patrimonio Cultural Inmaterial”.

Neste sentido, gabou o papel realizado por este programa educativo nos últimos 27 anos “nos que constatou ser un exemplo a seguir polo seu excelente uso das radios escolares como ferramentas claves da aprendizaxe da man do patrimonio cultural a ambos lados da fronteira galego-portuguesa”, indicou.

Para as conmemoracións deste ano do Día da Radio Ponte... nas ondas! conta cun programa para os centros escolares. Entre as súas propostas inclúese acudir a radios municipais ou profesionais próximos para realizar desde alí un programa en directo, realizar podcasts sobre patrimonio cultural ou sobre o tema proposto este ano pola Unesco: radio e paz. Ademais, tamén propón a realización dun podcast de presentación da radio da escola ou instituto describindo a súa actividade, os seus recursos e os seus traballos. Toda a información está dispoñible na web Escolas nas Ondas. Os traballos deberán enviarse antes do día 9 de febreiro a web@escolasnasondas.com e o 13 de febreiro serán emitidos por Ponte... nas ondas!.

Román Rodríguez afirma que o compromiso de alumnos e docentes coa innovación “son o mellor exemplo de aposta pola igualdade e a inclusión nas aulas”

O conselleiro de Educación preside o acto de entrega dos premios Innovagal aos 20 centros e dez profesores gañadores das tres edicións

O obxectivo da iniciativa é poñer en valor o labor dos colexios e institutos que desenvolvan enfoques didácticos novidosos

Gallego
i

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, salientou esta mañá o compromiso tanto do alumnado coma do profesorado coa innovación educativa nas aulas, en liña coas accións estratéxicas do Goberno galego neste eido no sistema de ensino no seu conxunto.

Así o sinalou con motivo do acto de entrega dos premios Innovagal aos 20 centros e dez profesores gañadores das tres edicións deste certame que naceu en 2020 impulsado pola Consellería de Educación co obxectivo de poñer en valor e recoñecer as boas prácticas dos colexios e institutos que desenvolven enfoques didácticos novidosos.

“As iniciativas que desenvolven estes centros día a día -sinalou- son o mellor exemplo de que a través de ferramentas innovadoras, vencelladas ás novas tecnoloxías ou á aprendizaxe competencial, podemos potenciar valores esenciais como a inclusión, a igualdade, a creatividade, a resolución de problemas ou a vinculación coa contorna”.

O conselleiro aproveitou a súa intervención para reafirmar o compromiso do seu departamento con situar o sistema educativo galego nun dos eixes do cambio tecnolóxico actual. A este obxectivo responde a Estratexia Galega de Educación Dixital 2030, a folla de ruta das accións coordinadas para a transformación tecnolóxica do ensino e o perfeccionamento das competencias necesarias na sociedade actual. Neste marco, Román Rodríguez referiuse a accións específicas como a dotación de Polos Creativos, que chegan a máis de 200 centros de ensino, o impulso do STEMBach cun itinerario específico enfocado ao fomento das vocacións científico-tecnolóxicas ou os Contratos-Programa CP Innova para que os centros poidan implantar e impulsar accións de innovación.

Centros premiados: 

CURSO 2022-23

 

Categoría A (Infantil, Primaria, Educación Especial e centros rurais)

Categoría B (Centros públicos integrados, institutos e centros públicos de Educación e Promoción de Adultos)

1º PREMIO

CRA Mestre Manuel Garcés (Tomiño)

IES de Ponte Caldelas (Ponte Caldelas)

2º PREMIO

CEIP Ponte dos Brozos (Arteixo)

CPI Poeta Uxío Novoneyra (Folgoso do Courel)

3º PREMIO

CEIP Virxe da Barca (Muxía)

IES Praia Barraña (Boiro)

ACCÉSIT

CEIP Xesús San Luís Romero (Carballo)

Centro de Educación e Promoción de adultos do centro penitenciario da Lama

CURSO 2021-22

1º PREMIO

CEIP Plurilingüe Torre-Cela (Bueu)

IES Valadares (Vigo)

2º PREMIO

CEIP Plurilingüe do Camiño Inglés (Oroso)

IES Plurilingüe A Cachada (Boiro)

3º PREMIO

CEIP Valle Inclán (Vigo)

IES Manuel Murguía (Arteixo)

CURSO 2020-21

1º PREMIO

CEIP Plurilingüe Meaño-As Covas

IES Plurilingüe Aquis Celenis (Caldas de Reis()

2º PREMIO

CEIP Heroínas de Sálvora (Ribeira)

IES Alfonso X O Sabio (Cambre)

3º PREMIO

CEIP San Tomé (Cambados)

IES Isaac Díaz Pardo (Sada)

A Xunta reforzará o apoio aos oito centros da Rede de Investigación Universitaria de Galicia tras investir preto de 30M€ nos últimos cinco anos

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, reuniuse cos equipos directivos destes entes investigadores punteiros

Gallego
u

O Goberno da Xunta está traballando nun reforzo orzamentario para financiar a actividade investigadora dos oito centros científicos integrados na Rede de Centros de Investigación do Sistema Universitario de Galicia (CIGUS). O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, expresou este compromiso no decurso dunha xuntanza de traballo mantida cos representantes destes axentes máis excelentes da comunidade autónoma.

Nos últimos cinco anos, a Xunta leva investidos preto de 30M€ para blindar e consolidar a actividade investigadora destas estruturas. “O obxectivo -explicou o conselleiro- é seguir impulsando o apoio da Administración autonómica para uns entes cuxo labor ten unha repercusión directa na sociedade no que atinxe a melloras nos ámbitos biomédico ou tecnolóxico, por exemplo”.

A Rede de Centros de Investigación do Sistema Universitario de Galicia está integrada polo Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CIQUS), o Centro de Investigación en Medicina Molecular (CIMUS), o Centro de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CITIUS) e o Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE), por parte da Universidade de Santiago de Compostela; o Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) pola Universidade da Coruña, e o Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicacións (atlantTic), o Centro de Investigacións Biomédicas (CINBIO) e o Centro de Investigacións Mariñas (CIM), da Universidade de Vigo.

Galicia conta cun sistema completo e consolidado de apoio á investigación universitaria enfocado á formación, retención e captación de talento científico a través da financiación dos centros de investigación da rede CIGUS, de grupos de investigación e de contratos predoutorais, posdoutorais e investigadores distinguidos.

Un total de 916 estudantes de FP benefícianse das axudas da Xunta para realizar prácticas formativas en Galicia, España e no estranxeiro

O obxectivo desta acción, dotada cun orzamento de 800.000€, é compensarlle parcialmente ao alumnado os gastos derivados destas actividades

A contía máxima da axuda acada os 375€ para o alumnado que realice as prácticas dentro da comunidade autónoma e fóra do seu concello

No caso dos que van ao estranxeiro, dispoñen dunha base fixa de ata 240€ e unha parte variable de ata 150€ á semana en función do país de destino 

Gallego
f

A Xunta de Galicia acaba de publicar no Diario Oficial de Galicia a resolución do segundo prazo das axudas económicas ao desprazamento das que se benefician un total de 916 alumnos que realizaron formación práctica vencellada á FP en centros de traballo no ano 2022. A finalidade desta acción é compensarlles parcialmente os gastos extraordinarios derivados da realización das devanditas actividades formativas que se poden desenvolver en empresas da comunidade autónoma ou do resto de España e mesmo noutros países de dentro ou fóra da Unión Europea.

Esta resolución correspóndese co segundo prazo da convocatoria, dirixido ao alumnado de ciclos formativos que realizou as prácticas no período de setembro-decembro de 2022. Estas axudas veñen a sumarse ás 3.706 xa concedidas no primeiro prazo desta convocatoria.

A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades destinou un orzamento total de 800.000€ a esta acción que leva desenvolvendo desde hai anos e que, na liña do establecido na Estratexia FP Galicia 2030, afonda na mellora das competencias a través dunha formación práctica ao tempo que favorece a mobilidade nacional e transnacional das persoas que desexan formarse ou contribuír a actividades de formación noutros países, o que permite a mellora das competencias lingüísticas e profesionais.

Modalidades

A convocatoria establece dúas modalidades en función dos destinatarios. Na modalidade A, destinada a quen realice a formación dentro do territorio español, a contía da axuda depende de onde se realicen as prácticas, e o número de xornadas. Así, o alumnado que realice a formación práctica en Galicia recibe ata un máximo de 375€, sempre que o concello do centro de traballo non sexa o mesmo que o concello do centro educativo ou o de residencia do estudante durante ese período. A contía a percibir polo alumnado establécese en función do número de xornadas realizadas no módulo formativo.

No caso do alumnado que realice a formación fóra de Galicia, percibe unha cantidade fixa de 200€ aínda que realice as prácticas en varios centros de traballo.

Na modalidade B, destinada a quen realice a formación fóra do territorio español, a contía das axudas varía en función do país de destino. Deste xeito, establécese unha contía base de entre 120€ e 240€ dependendo do país (para todo o alumnado con independencia das semanas de estadía no estranxeiro) e unha contía adicional segundo as semanas de estadía no estranxeiro para dita formación, que vai dos 72€ aos 150€/semana.