Unha vintena de centros afondarán no potencial profesional da muller a través da experiencia de referentes femininas de distintos sectores

O obxectivo é promover a igualdade de oportunidades e favorecer que as nenas elixan o seu itinerario académico sen atender aos estereotipos de xénero

A iniciativa desenvólvese en colaboración coa asociación Executivas de Galicia e inclúe charlas, obradoiro de ‘SoftSkills’ e mentorías individualizadas

Sáb, 11/02/2023 - 10:31
ed

Un total de 20 centros educativos de toda Galicia participarán este curso no programa educativo EduReferentes, unha iniciativa que achega ás aulas testemuños de mulleres galegas referentes que destacan pola súa traxectoria profesional de éxito. A iniciativa é desenvolvida pola Xunta de Galicia, en colaboración coa asociación Executivas de Galicia, co obxectivo de promover a igualdade de oportunidades e favorecer que as nenas elixan o seu itinerario académico baseándose na súa vocación e non nos estereotipos de xénero.

De xeito paralelo, ponse en valor o traballo do colectivo de mulleres da Comunidade galega, que potencian as habilidades persoais do alumnado e lles dan a coñecer as súas respectivas profesións.

 

Os centros participantes son os da seguinte táboa:

Provincia

Concello

Centro

A Coruña

Abegondo

IES de Viós

A Coruña

A Coruña

IES Fernando Wirtz Suárez

A Coruña

Ferrol

IES Ferrol Vello

A Coruña

Ferrol

CIFP Ferrolterra

A Coruña

Monfero

CPI Plurilingüe Virxe da Cela

A Coruña

Muros

IES As Insuas

A Coruña

Santiago de Compostela

IES Plurilingüe Rosalía de Castro

A Coruña

Zas

CPI de Zas

Lugo

Castro de Rei

IES da Terra Chá, José Trapero Pardo

Lugo

Friol

CPI Dr. López Suárez

Lugo

Monforte de Lemos

IES A Pinguela

Lugo

Monterroso

IES Monterroso

Lugo

Sarria

IES Gregorio Fernández

Ourense

Maceda

IES San Mamede

Ourense

Viana do Bolo

IES Carlos Casares

Pontevedra

Lalín

IES Laxeiro

Pontevedra

Lalín

IES Ramón Mª Aller Ulloa

Pontevedra

Moaña

IES Plurilingüe A Paralaia

Pontevedra

O Porriño

IES Pino Manso

Pontevedra

Vigo

IES Valadares

Charlas e obradoiros

O programa vai dirixido ao alumnado de ESO e FP Básica de centros públicos. Nos centros participantes desenvolveranse charlas de 50 minutos nas que dúas profesionais referentes galegas de diferentes sectores achegarán ao alumnado aos seus ámbitos profesionais. Nestas sesións traballarase co alumnado os mitos sobre os diversos perfís profesionais desde unha perspectiva de xénero.

Como novidade este ano inclúense obradoiros educativos sobre SoftSkills (cualidades relacionadas coa escoita activa, o trabajo en equipo, a creatividade...), tamén de 50 minutos de duración e para grupos de 25 alumnos. A metodoloxía terá como base a educación emocional con perspectiva de xénero do alumnado.

O programa de actividades complétase, como é habitual, coas mentorías individualizadas, para as que os centros participantes farán unha selección de cinco alumnos que serán acompañados por profesionais referentes no seu ámbito. As mentoras compartirán a súa experiencia e coñecementos, apoiando aos estudantes na busca das súas fortalezas, habilidades e intereses ao longo dun máximo de cinco sesións individualizadas.