Encontre a súa información...

Alumnado con altas capacidades intelectuais

Orientacións e respostas educativas: Alumnado con sobredotación intelectual
O seu obxecto é achegar ós membros da comunidade educativa (pais e nais, profesorado en xeral) información básica referida a temas educativos do seu interese, fundamentalmente aqueles que teñen que ver coas necesidades educativas específicas sobre os que en moitas ocasións teñen manifestado querer ter alomenos un coñecemento elemental. Neste sentido esperamos que o presente folleto divulgativo sexa o primeiro dunha serie de documentos referidos a este ámbito de especial interese para todos nós.
Trátase de proporcionar ós centros educativos un recurso máis que poida resultar de axuda á hora de tomar conciencia dunha realidade presente nos nosos centros e tomar decisións sobre ela. Como tal, non é o profesorado especialista, xa ben coñecedor destes temas, o seu destinatario principal, senón o profesorado ordinario e as familias que precisan dun primeiro achegamento ó mesmo.

Máis información