Un total de 4.117 persoas concorrerán ás oposicións convocadas pola Consellería de Cultura e Educación

A oferta de emprego público ascende a 200 prazas para mestres e 22 para inspectores

Mar, 11/06/2013 - 17:12
 Un total de 4.117 persoas concorrerán ás oposicións convocadas pola Consellería
Un total de 4.117 persoas concorrerán ás oposicións convocadas pola Consellería de Cultura e Educación

Un total de 4.117 persoas concorrerán ás oposicións convocadas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, co fin de manter a estabilidade do emprego público no corpo docente, unha oferta de emprego público que ascende a 200 prazas para docentes e 22 para inspectores.

Por especialidades –en cada unha delas hai 50 prazas convocadas-, admitíronse 2.119 solicitudes para a de mestre de infantil, 534 na de inglés, 805 na de pedagoxía terapéutica e 508 para a de audición e linguaxe. No caso da convocatoria de 22 prazas para inspectores, foron 151 as solicitudes admitidas. O procedemento selectivo dará  comezo a partir do 22 de xuño de 2013.

Con esta oferta búscase cubrir as necesidades do sistema educativo público, co obxectivo de que Galicia continúe a ser unha das comunidades autónomas cunha das taxas máis baixas de temporalidade. Ademais a OPE presta especial atención á cobertura das necesidades específicas de atención da diversidade do alumnado galego, así como ao impulso do plurilingüismo a través do Plan de potenciación das linguas estranxeiras.