A Consellería de Cultura e Educación non vai dar de baixa o 30 de abril aos interinos e substitutos no réxime da Seguridade Social

As informacións recibidas hoxe por vía telefónica por estes profesores refírense a un mero trámite de modificación de codificación nas contas de cotización

Ven, 03/05/2013 - 16:13

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria quere aclarar que non vai dar de baixa ao profesorado interino e substituto o día 30 de abril. Diante da alarma xerada polas informacións subministradas a estes docentes por vía telefónica, é necesario aclarar que o único que se vai realizar é un mero trámite de modificación da codificación nas contas de cotización. Este cambio non afectará ao persoal interino e substituto en ningún sentido, xa que serán dados de baixa nunha conta e dados de alta na nova ao día seguinte.