II Encontro de Atención á Diversidade desde os Departamentos de Orientación e o Equipo de Orientación Específico da Coruña
O próximo dia 25 de abril de 2013 vaise desenvolver no Salón de actos da UNED o “II Encontro de Atención á Diversidade desde os Departamentos de Orientación e o Equipo de Orientación Específico da Coruña”.
Este encontro entre profesionais está organizado polo Centro Autonómico de Formación e Innovación, os Centros de Formación e Recursos de Ferrol e da Coruña en colaboración co Equipo de Orientación Específico da Coruña, e se desenvolverá con varias exposicións e mesas redondas sobre diversas temáticas relacionadas coa atención á diversidade e coa orientación académica e profesional (ver programa íntegro do Encontro)
Este Encontro pretende darlle continuidade ao xa iniciado no curso anterior, coa finalidade de optimizar a colaboración na prevención e intervención educativas entre os Departamentos de Orientación e o Equipo de Orientación Específico, así como a de crear unha rede de formación e intercambio onde compartir modelos, protocolos, materiais e recursos que contribúan á mellora da atención á diversidade e da orientación educativa e profesional.