A Consellería de Educación inviste preto de nove millóns de euros nas obras de mellora e acondionamento nos centros de Santiago e comarca

Desde a chegada á administración autonómica realizáronse actuacións relativas a máis do 50% do previsto para o 2009 e 2010

Mar, 18/05/2010 - 11:05

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria xa te investidos preto de nove millóns de euros en obras de reforma, mellora e acondicionamento nos centros educativos de Santiago de Compostela e comarca.

Deste modo, a Consellería volve a mostrar o seu interese por dotar á comunidade escolar das mellores instalacións, e faino dun modo activo e constante. Unha melloras que tamén repercuten positivamente en todo os docentes e persoal dos centros educativos.

Este compromiso queda demostrado en Santiago e comarcas coas tres obras desenvolvidas nos CEIP Quiroga Palacios, Apóstolo e Monte dos Postes que xa remataron e nas que se investiron preto dun millón e medio de euros. Do mesmo modo, estase a reformar o CEIP Ramón Cabanillas por case tres millóns e medio.

Ao longo do presente ano está prevista a execución de máis obras no CEIP Monte dos Postes- que continúa coas melloras- e das Fontiñas, ao igual que acontece nos CEIP de Oroso e no Antón Orza Couto, de Boqueixón. Nestes últimos centros, a previsión de orzamento supera o millón trescentos mil euros.

Melloras en secundaria

Por outra banda, nos centros de secundaria xa se remataron obras de mellora nos IES santiagueses de Rosalía de Castro, Lamas de Abade; Antón Fraguas; de Sar; Xelmírez II; e no Centro de Educación Especial Manuel López Navalón. A estes únenselles os IES de Oroso e Brión. En total todas as obras nos pavillóns, cubertas, cadros eléctricos, e servizo de seguridade superaron unha inversión de 832.000 euros.

Ao longo do 2010 as obras continuarán nos centros composteláns. Así, haberá un investimento de 341.000 euros na reparación de aulas e a fachada interior do IES Rosalía de Castro, obra pendente da licitación correspondente para comezar, e que se espera poder ter lista para o comezo do vindeiro curso escolar. Do mesmo xeito está prevista que se executen as obras no IES de Milladoiro, en Ames; e nos IES Eduardo Pondal, Lamas de Abade e no CIPF Compostela, todos eles en Santiago. Estes terán un investimento de 2.252.994 euros.