Lingua galega

Convócanse as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2013
Mér, 16/01/2013 - 08:35

Xúntase a Resolución do 28 de decembro de 2012, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2013 (ED114A).

  • O prazo para presentar as solicitudes e aboar a taxa que se indica na convocatoria será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o día 3 de abril de 2013 (inclusive). Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.