Cultura e Educación e mais as tres universidades galegas planifican actuacións conxuntas para dinamizar a lingua no ámbito universitario

A Comisión Interuniversitaria de Política Lingüística reuniuse hoxe para facer seguimento e darlle continuidade ás actuacións en marcha para o ano en curso

A Consellería estivo representada polo secretario xeral de Política Lingüística

Mér, 24/10/2012 - 12:35

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria participou hoxe en Vigo na reunión ordinaria da Comisión Interuniversitaria de Política Lingüística, na que está representada a través dos responsables das secretarias xerais de Política Lingüística e de Universidades.

Á xuntanza, na que participou o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, así como os responsables seus respectivos servizos lingüísticos.

Avanzar conxuntamente en prol do galego

A Comisión Interuniversitaria de Política Lingüística ten como principal cometido definir as liñas políticas de actuación na comunidade universitaria galega en materia de política lingüística, para o que se acordan pautas de actuación conxuntas en prol do fomento uso do galego no ámbito universitario.

O encontro de hoxe centrouse no seguimento e na continuidade das accións desenvolvidas en 2012, dentro das que se inclúen o incremento da presenza e do uso do galego nos simposios e congresos organizados desde as universidades, o impulso á continuidade da edición de manuais en galego para os primeiros cursos dos graos universitarios, o fomento do uso do galego na investigación e na docencia e a ampliación da presenza do galego nos espazos dedicados á ciencia.

Dinamización da lingua propia desde as universidades

 A Comisión Interuniversitaria de Política Lingüística intégrana a Xunta de Galicia e mais as universidades de Santiago de Compostela, Vigo e A Coruña. Foi creada en 2009 para darlle cumprimento á medida dirixida á área do ensino que no marco do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, aprobado por unanimidade no Parlamento de Galicia en 2004, propoñía a creación dunha ‘comisión estable’ que asumise a planificación e a coordinación da política lingüística universitaria en Galicia prevendo a participación nela das tres universidades galegas e mais da Administración autonómica.

Menús News node R

Colectivo

Ensinanza