A Xunta respalda a labor dos centros que fomentan a lectura entre a comunidade educativa grazas ao apoio da Consellería de Cultura e Educación

O director xeral de Centros e Recursos Humanos percorreu as bibliotecas escolares de centros nos concellos de Cambados e Meis, e que están incluídos no proxecto pertencente ao Plan LÍA 2010/2015

Xov, 04/10/2012 - 14:17
 O director xeral de Centros e Recursos Humanos percorreu as bibliotecas escolar
O director xeral de Centros e Recursos Humanos percorreu as bibliotecas escolares de centros nos concellos de Cambados e Meis, e que están incluídos no proxecto pertencente ao Plan LÍA 2010/2015

O director xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, José Manuel Pinal, visitou hoxe bibliotecas dos centros educativos en Galicia, así esta mañá estivo nos concellos de Cambados e Meis.

Durante os percorridos o representante da Consellería destacou o traballo realizado nas bibliotecas escolares dalgúns dos centros destes concellos pontevedreses, un traballo que achega aos máis novos aos diferentes recursos que se albergan nestes espazos – bibliográficos, tecnolóxicos, etc-, e que lles ensina a utilizalos como ferramentas para o estudo, o ocio e o coñecemento. Neste sentido a Xunta lembra que o bo facer das comunidades educativas destes centros válelles a súa participación no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE), no marco do Plan LÍA 2010/2015 de bibliotecas escolares (Lectura, Información, Aprendizaxe), que ten como obxectivo agrupar as iniciativas da Consellería, dirixida por Vázquez Abad, en materia de bibliotecas escolares e fomento da lectura como medio de potenciar o éxito escolar.

Respaldo ás bibliotecas dos centros

Así a primeira hora estivo en Cambados, onde os colexios están a percibir preto de 15.000 euros da Consellería enmarcados no Plambe. Acompañado polo xefe territorial de Educación en Pontevedra o director xeral de Centros compartiu impresións cos equipos dos CEIP San Tomé e Enrique Barreiro Piñeiro, e recordou que este último incorporouse este curso a dito plan.

Posteriormente ambos representantes educativos desprazáronse ata o concello de Meis, onde estiveron no CPI Mosteiro que tamén forma parte do Plambe a través do que recibe máis de dous mil euros para a reposición de fondos bibliotecarios.

Os recursos da biblioteca, unha ferramenta habitual

Precisamente grazas a participación no PLAMBE estes centros contan con fondos para mellorar os fondos e as instalacións bibliotecarias, e que comprenden tanto libros como DVDs, música ou recursos dixitais e que, grazas ao labor desenvolvido nas bibliotecas, pasan a ser ferramentas de uso habitual para o alumnado, tanto para a súa información, como para o seu uso como manual de estudio, lectura de lecer, etc.

Menús News node R