O secretario xeral de Universidades da Consellería de Educación asiste á inauguración da VI Xuntanza Tecnolóxica Empresa-Universidade

O encontro serve como canal de achegamento dos estudantes con empresas de sectores industriais e navais

Xov, 15/04/2010 - 12:19

O secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro, en representación da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, asistiu hoxe á inauguración da VI Xuntanza Tecnolóxica Empresa- Universidade, que se celebrará ata mañá na Escola Universitaria Politécnica (EUP) de Ferrol, en Serantes. Ao acto tamén asistiu o delegado territorial da Xunta en A Coruña, Diego Calvo.

No encontro participaran máis de 1.500 alumnos e alumnas que poderán asistir aos relatorios e talleres organizados no salón de acto, a aula magna e os laboratorios do recinto universitario. Ademais, as máis de 30 empresas participantes darán a coñecer as últimas novidades dos seus produtos e proxectos nos 21 stands situados ao longo do recinto universitario; no que este ano se inclúe unha novedosa mostra de arte tecnolóxico.

Con esta nova edición os organizadores- estudantes da EUP Ferrol, coa colaboración da dirección da escola e apoiados por colexios de enxeñeiros técnicos industriais e navais-  buscan a consolidación da Xuntanza como referente no escenario académico laboral.

Empresas participantes

Tras o acto de inauguración comezaron as actividades realizadas por todas as empresas participantes. Así SIEMENS será a primeira co relatorio ‘Nova normativa; eficiencia enerxética, acoplamentos’. Tras ela interviren distintas entidades relativas ás áreas industriais e navais de máximo interese para os estudantes do campus ferrolán. Entre as institucións que intervirán destacan Festo; Soceda; Fundación RACC, RACE; Endesa; Policía Local de A Coruña, DGT; Schenider; Rumbo 21; e Bosch Buderus, entre outros.

No encontro inaugural tamén estiveron presentes o director dos estaleiros Navantia Ferrol, Esteban García; representantes da dirección da escola Manuel Graña e Manuel de Amorim; e da organización, Ana Isabel Blanco.