Cultura e Educación e a Universidade de Vigo se alían para converter Ourense nun referente de excelencia científica a través do Campus da Auga

A Consellería e a Universidade asinaron hoxe un convenio para a elaboración do Plano Estratéxico e Programa de Necesidades
Trátase da primeira iniciativa de especialización dun campus non central no Sistema Universitario de Galicia
Mar, 04/09/2012 - 11:55
Cultura e Educación e a Universidade de Vigo se alían para converter Ourense nun
Cultura e Educación e a Universidade de Vigo se alían para converter Ourense nun referente de excelencia científica a través do Campus da Auga

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Universidade de Vigo asinaron hoxe un convenio de colaboración para impulsar o proxecto Campus da Auga en Ourense, a primeira iniciativa de especialización dun campus non central no Sistema Universitario de Galicia. Ao abeiro, deste acordo, a Consellería encarga á UVigo a elaboración do Plano estratéxico e do Programa de necesidades funcionais e usos da futura sede do Campus da Auga, que vertebren a estratexia de implantación e de dotación de personalidade propia e identidade científica ao Campus de Ourense; unha folla de ruta que suporá un investimento de 247.800 euros.

Desta forma dáse o primeiro paso para impulsar a consolidación do campus de Ourense como un centro de referencia e excelencia científica, con capacidade de proxección exterior e de creación de valor económico e social como motor  de desenvolvemento territorial na provincia. Neste sentido, o Campus Auga supón unha aposta por unha maior inserción do campus ourensán cos sectores económicos e produtivos da provincia, tales como o termalismo, co obxecto de promover arredor deles a xeración de emprego e riqueza. Neste sentido, o Campus da Auga supón avanzar nas misións fundamentais da Universidade nos nosos días, como son unha maior desenvolvemento da I+d+i e, a necesidade de transferencia dos seus froitos à sociedade.

Por outra banda, procúrase promover unha política integral no ámbito da formación, a investigación, a transferencia e valorización do coñecemento e da actividade profesional e empresarial. Neste sentido cómpre lembrar que esta iniciativa vai paralela ao Plan Impulsa Ourense, impulsado pola Xunta de Galicia a través do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), que  define os eixos estratéxicos, obxectivos, liñas de actuación e actuacións concretas para o impulso económico da provincia de Ourense (2011-2018).

Entre os obxectivos do Plano Estratéxico destaca o de potenciar a singularidade e a especialización do campus de Ourense, na procura dun mapa universitario galego diversificado nas súas correspondentes fortalezas; ao tempo que se mellora a calidade das universidades galegas, especialmente a través das infraestruturas de investigación, que incidan no desenvolvemento docente e científico.