Cultura e Educación dinamiza a lectura cunha programación de máis de 400 actividades en bibliotecas de toda Galicia

Letras Vivas 2012 puxo en marcha contacontos, recitais literarios, actuacións teatrais e obradoiros creativos en 105 centros da Rede de Bibliotecas de Galicia, durante o primeiro semestre do ano

O obxectivo desta iniciativa da Secretaría Xeral de Cultura é gañar máis lectores e promover o traballo dos creadores e das creadoras

Ven, 10/08/2012 - 11:58
Cultura e Educación dinamiza a lectura cunha programación de máis de 400 activid
Cultura e Educación dinamiza a lectura cunha programación de máis de 400 actividades en bibliotecas de toda Galicia

Máis de 400 actividades realizadas en 105 centros da Rede de Bibliotecas de Galicia é o balance do programa Letras Vivas 2012, unha iniciativa coa que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria aposta por fomentar a lectura.

Contacontos, obradoiros creativos, presentacións de libros, actuacións teatrais, recitais literarios e sesións de maxia e monicreques son algunhas das 435 actividades promovidas pola Secretaría Xeral de Cultura durante o primeiro semestre do ano, co obxectivo de gañar máis lectores e tamén de impulsar o traballo realizado polos nosos creadores e creadoras.

A Consellería de Cultura e Educación destinou este ano un total de 154.000 euros á posta en marcha de Letras Vivas, que incluíu propostas para todos os públicos, especialmente para a franxa de idade máis nova, por ser esta a etapa clave na formación lectora.

Programación diversa

Letras Vivas é unha iniciativa dirixida a propiciar que as bibliotecas públicas integradas na Rede de Bibliotecas de Galicia conten cunha programación de actividades diversa e de calidade en prol do fomento da lectura. O programa conta con dúas áreas: LV Creación, na que se inclúen as actividades que ofrecen profesionais de diversos ámbitos culturais, entre eles escritores, ilustradores, actores etc; e LV Animación, que enmarca actividades arredor de ámbitos como o do teatro, os monicreques, a maxia, os contacontos e numerosos tipos de obradoiros.

Dinamización do libro e da lectura

Con esta iniciativa, a Secretaría Xeral de Cultura favorece o achegamento á lectura desde un enfoque multidisciplinar e interactivo, para axudar a transmitir a paixón polos libros como fonte de gozo e de coñecemento.

Para avanzar neste obxectivo, o departamento que dirixe Anxo Lorenzo impulsa, xunto con Letras Vivas, diversas actuacións, entre as que se atopa o programa das Feiras do Libro de Galicia, que está en marcha actualmente coa cita da cidade da Coruña e que a partir do próximo 13 de agosto recalará no concello lucense de Viveiro.

O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, fai un balance positivo do programa Letras Vivas 2012

Menús News node R

Tema