Experiencias

Platos del mundo cocinados desde A Lama
Ven, 29/06/2012 - 12:02

Platos del mundo cocinados desde A LamaNo centro de educación de persoas adultas Nelson Mandela, con sede no centro penitenciario da Lama, desenvolveuse ao longo dos anos 2011 e 2012 unha actividade de recolección e formulación de receitas de cociña de diferentes lugares e xeografías do mundo, como exercicio de interculturalidade, de intercambio e de expresión.

O froito deste traballo do alumnado e do profesorado deste centro recóllese na obra Platos del mundo cocinados desde A Lama,  que, para a súa edición en formato libro, contou coa colaboración da Fundación Barrié.