Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

XVIII Rallye Matemático sen Fronteiras 2010

Ven, 26/02/2010 - 17:00

AGAPEMA (Asociación Galega de profesores de educación matemática) convoca o XVIII Rallye Matemático sen Fronteiras 2010, destinado ao alumnado de 3º e 4º da ESO.

O Rallye Matemático consiste na celebración simultánea nos países participantes dunha mesma proba: uns dez problemas orixinais, que deberán resolver dunha forma conxunta todos os alumnos dunha mesma clase, nunca dun xeito individual.

Os obxectivos que se tratan de conseguir con este tipo de probas son:

  • Favorecer o traballo en equipo
  • Revalorizar as cualidades da imaxinación, dinamismo e creatividade
  • Facer vivir as matemáticas a través de situacións orixinais.

A fase galega celebrarase o día 22 de marzo e a internacional en Toulouse o 7 de maio.

Para máis información: páxina web do XVIII Rallye Matemático sen Fronteiras

Menú Advertisement

Concursos

Sen términos