A Conselleria e a axencia Europa Press asinan un convenio de colaboracion para a difusion de noticias en galego

Sáb, 09/06/2012 - 11:54
A Conselleria e a axencia Europa Press asinan un convenio de colaboracion para a
A Conselleria e a axencia Europa Press asinan un convenio de colaboracion para a difusion de noticias en galego

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, e a representante da Axencia Europa Press, Rita Penedo, asinaron un convenio de colaboración para a difusión da lingua galega nas súas noticias e comunicacións mantendo o caudal informativo do 100% en lingua galega, así como nos webs www.europapress.es/galego e www.europapress.es/galicia e nas redes sociais. No acto estiveron presentes o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez, e o de Medios, Alfonso Cabaleiro Durán.

Coa sinatura deste convenio, a consellería dirixida por Vázquez Abad contribúe a darlle cumprimento ás medidas establecidas no Plan xeral de normalización da lingua galega de aumentar a presenza da lingua galega nos medios de comunicación de masas, nas industrias culturais e na publicidade, de tal xeito que se garanta unha completa oferta informativa, lúdica, cultural e formativa no noso  idioma. No marco deste convenio de colaboración, a Axencia Europa Press comprométese a potenciar o uso e a presenza do idioma galego nas noticias que difunde e a garantir un control de calidade lingüística das informacións e contidos publicados ou emitidos en galego. Con esta finalidade, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, forneceralle o apoio e asesoramento lingüístico necesarios.