Cultura e Educación estende a todos os niveis da educación obrigatoria a gratuidade solidaria aos que máis o precisan

O departamento educativo da Xunta publica no DOG a convocatoria de axudas para a adquisición de libros de texto para o curso 2012-2013

Ao igual que aconteceu ata agora ata o 70% dos estudantes poderán beneficiarse deste programa que a administración galega mantén para o vindeiro curso coa mesma contía que o anterior a pesares da difícil situación económica

Ven, 01/06/2012 - 11:35

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica no DOG a nova convocatoria axudas da Gratuidade Solidaria para os libros de texto, que para o vindeiro curso chegarán a todos os niveis educativos da ensinanza obrigatoria.

Para o curso académico 2012- 2013 mantéñense os mesmos requisitos que no actual curso escolar, e a pesares da grave crise económica a Xunta ten o mesmo orzamento para estas axudas que beneficiaran ata a sete de cada 10 estudantes, de entre 6 e 16 anos. Estas achegas favorecen que os escolares das familias con menos recurso poidan ter manuais en propiedade totalmente subvencionados. Ademais os estudantes de educación especial continúan a manter as axudas de 250 euros, independentemente da súa renda per cápita.

Para as ensinanzas de primaria e secundaria continúan o mesmo umbrais de renda que ata o de agora, tomando como referencia a situación persoal e familiar a 31 de decembro de 2010 e o exercicio fiscal 2010. Así os estudantes de ESO poderán optar a axudas de ata 6.000 euros, 5.400 euros para o resto das familias- o primeiro tramo dos contemplados-; e de 104 para as monoparentais cunha renda por persoa de entre 6.001 e 9.000 euros; 5.401 e 9.000 no caso do resto das familias- segundo tramo.

No caso do alumnado de Primaria, as familias do devandito primeiro tramo de renda per cápita poderán optar a axudas de 170 euros, de tal forma que o importe da bolsa sexa suficiente para que as familias con menos recursos poidan adquirir os libros. Para as axudas do segundo tramo tamén haberá axudas de 90 euros.

Procedemento

O prazo de solicitude será desde o 2 de xuño ato o 2 de xullo para o alumnado de primaria e de educación especial; do 25 de xuño ao 26 de xullo para o da ESO que formalice matrícula no prazo ordinaria, e do 1 setembro ao 1 de outubro para os que fagan matrícula extraordinaria. Toda a información e as solicitudes pode atoparse no DOG e no portal educativo da Xunta de Galicia, www.edu.xunta.es.

As familias que cumpran cos requisitos para ser beneficiarios da Gratuidade Solidaria recibiran nos seus respectivos centros educativo un vale co que se poderán adquirir os libros no correspondente establecemento, á súa libre escolla e polo importe indicado no documento. Pola súa banda unha vez que os establecemento entreguen os manuais deberán presentar as facturas na Xefatura Territorial da Consellería de Educación en cada provincia, para que lles sexan ingresados os importes correspondentes aos vales tramitados.