Bolsas

Axudas destinadas ao alumnado que curse estudos universitarios, no ano académico 2011/2012, nas universidades do SUG, que por causa sobrevida ou imprevista teña dificultades económicas para continuar estudos
Mér, 16/05/2012 - 08:45

Xúntase a Orde do 2 de maio de 2012 pola que se establece o procedemento de concesión, baixo o réxime de concorrencia non competitiva, de axudas destinadas ao alumnado que curse estudos universitarios, no ano académico 2011-2012, nas universidades do Sistema Universitario de Galicia, que por causa sobrevida ou imprevista teña dificultades económicas para continuar estudos.

Requisitos:

  • Necesidade urxente de recursos económicos para paliar  a situación de emerxencia derivada dunha causa sobrevida ou imprevista (orfandade absoluta, falecemento pai/nai/titor legal,desemprego sustentador principal, enfermidade grave,violencia de xénero cara el/ela ou o seu proxenitor/a,  vítimas de actos terroristas, separación, divorcio, ruína ou quebra familiar e outras circunstancias non contempladas que sendo xustificadas repercutan na situación socioeconómica familiar).
  • Que a situación sobrevida ou imprevista teña acontecido durante  o actual ano académico 2011-2012.
  • Estar matriculado, no curso académico 2011-2012, como mínimoen 50 créditos, en estudos  universitarios presenciais conducentes ao título de grao, licenciado, enxeñeiro, arquitecto, diplomado, mestre, enxeñeiro técnico e arquitecto técnicoen calquera das universidades do Sistema Universitario de Galicia.
  • Que a renda per cápita da unidade familiar  non  sexa superior  ao importe anual da pensión non contributiva individual para o ano 2012, é dicir 5.007,80 euros  (417,31 euros mensuais, incluída nesta contía  a parte proporcional de dúas pagas extraordinarias).
  • Non ter percibida esta axuda con anterioridade .

Prazo de presentación de solicitudes:

A presentación de  solicitudes poderá realizarse dende o día seguinte ao da publicación desta orde  no Diario Oficial de Galicia ata  o 1 de setembro de 2012.  

Con carácter xeral, o prazo de presentación de solicitudes será de un mes desde a data en que teña acontecido a causa sobrevida ou imprevista, sempre que a solicitude se realice con anterioridade ao 1 de setembro.

Se a causa sobrevida ou imprevista ten acontecido con anterioridade á publicación desta orde, o prazo de presentación  será de un mes contado a partir do día seguinte á publicación desta no Diario Oficial de Galicia.

Colectivo

Tema

Ensinanza