Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

Proxecto da Orde pola se convocan as axudas destinadas ao cofinanciamento dos servizos de comedor escolar xestionados polas asociacións de nais e pais do alumnado dos centros públicos non universitarios, para o curso académico 2011/2012

Lun, 30/04/2012 - 09:38

Co fin de dar cumprimento á Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia cómpre publicar na web da consellería o texto do proxecto da Orde pola que se establecen as bases e se convocan as axudas destinadas ao cofinanciamento dos servizos de comedor escolar xestionados polas asociacións de nais e pais do alumnado dos centros públicos non universitarios dependentes desta consellería, para o curso académico 2011-2012 co fin de dar trámite de audiencia e información pública ás anpas interesadas en mandar proposicións, suxestións ou recomendacións. Ademais en cumprimento do mesmo texto legal o proxecto debe estar publicado na páxina web indicando o seu estado de tramitación.

Estado de tramitación: Fase intermedia. Apertura de prazo do trámite de audiencia e información pública.
Prazo para presentar
proposicións, suxestións ou recomendacións: 7 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no portal www.edu.xunta.es

Centro directivo: Secretaría Xeral Técnica
Unidade Tramitadora: Subdirección Xeral de Xestión Orzamentaria e Recursos Educativos Complementarios.
Enderezo: Edificio Administrativo de San Caetano s/n - 15781 Santiago de Compostela

Teléfono de contacto: 981 545480

Email de contacto: comedores.santiago@xunta.es