Xesús Vázquez Abad reúnese con asistentes ao encontro de directores de institutos de educación secundaria, en Santiago

Mér, 25/04/2012 - 16:35
do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez A
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, xunto a Maite Jimenez, do IES Garcia Barbon (Verin); Juan Hombre, do IES Fontiñas (Santiago); Adelino Pose, do IES Xulian Magariños (Negreira); Manuel Rodriguez, do IES A Guía (Vigo). Tamén estaban os directos xerais de Educación e o de Centros, José Luis Mira e José Manuel Pinal, respectivamente.

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, reuniuse hoxe cos asistentes á 5ª xornada da Asociación de Directivos de IES de Galicia (ADDIGA), que se celebrou no Museo Pedagóxico de Galicia (Mupega).

Durante o encontro que se celebrou baixo o título A xestión dos equipos e dos conflitos, directores de institutos de educación secundaria de toda Galicia afondaron nas responsabilidades que implica a tarefa da dirección. Neste sentido, o xuíz José Antonio Vázquez Taín analizou a Lei para a Convivencia e a Participación da Comunidade Educativa e as implicacións que supón para o traballo das directoras e directores.

Así mesmo, o director xeral de Educación, José Luis Mira, tamén participou e expuxo as diferentes liñas de actuación que a Consellería está a poñer en marcha a prol da mellora da calidade do noso sistema educativo, cuxa aplicación depende en gran parte da colaboración de docentes e directores.