Máis de 15.000 estudantes visitaron xa a Mostra do Ensino 2012, organizada pola Consellería de Cultura e Educación na Coruña

Docentes e alumnos asisten aos obradoiros desenvolvidos na mostra nos que se amosan os programas educativos que se están a desenvolver nos centros de ensino galego

No congreso paralelo á Mostra interveñen uns 2.000 profesores

Xov, 12/04/2012 - 20:22
Máis de 15.000 estudantes visitaron xa a Mostra do Ensino 2012, organizada pola
Máis de 15.000 estudantes visitaron xa a Mostra do Ensino 2012, organizada pola Consellería de Cultura e Educación na Coruña

Máis de 15.000 estudantes visitaron xa a Mostra do Ensino 2012, organizada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria na Coruña, e que se desenvolverá ata o vindeiro sábado.  Escolares e profesores procedentes de toda a Comunidade e público en xeral acoden aos obradoiros da Mostra, nos que se amosan os programas educativos que se están a desenvolver nos centros de ensino galego; así como ás conferencias, mesas redondas e que teñen lugar no congreso que se desenvolve de forma paralela á mesma. A existencia de diversidade de actividades e obradoiros na Mostra permite participar a diario nunhas 45 diferentes, algunhas delas permanentes ata o sábado nos 53 stands fixos instalados no pavillón central.

No transcurso deste evento, o director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, José Luis Mira, recordou hoxe que un dos obxectivos desde o comezo da actual lexislatura é a aposta decidida por mellorar as competencias en coñecemento das linguas, que se está a desenvolver a través do .Plan de Potenciación das Linguas Estranxeiras. “Para participar na nova sociedade, conquerir un traballo ou mantelo é necesario dominar polo menos unha lingua extranxeira, especialmente o inglés”, sinalou o director xeral.

Neste senso indicou que foron creados 110 centros plurilingües con máis de 1.800 seccións bilingües. “Igualmente –dixo -  incrementouse a matrícula nas Escolas Oficiais de Idiomas en 6.000 alumnos e coa terceira fase do Plan crearanse máis centros plurilingües e haberá máis estudantes matriculados nas EOI”.

Programa para o venres

Precisamente o tema dos idiomas será obxecto na xornada do venres no congreso Formación e competencias na nova sociedade, no marco da Mostra. A xornada estará dedicada de forma íntegra a Idiomas, con distintos relatorios e mesas redondas. Richard Vaughan co tema “O profesor como catalizador da aprendizaxe”, será o primeiro relator da xornada do venres, presentado pola xornalista Marta Darriba. Seguidamente Xavier Gisbert, director xeral do Ministerio de Cultura, disertará sobre “As linguas estranxeiras en España: una visión de futuro”.

Ás 12.30 terá lugar a mesa redonda sobre pluringüismo en Galicia, onde intervirán Isabel Serna, inspectora de Educación; Manuela Iglesias, directora do CEIP Vilar de Barrio (Ourense); Hilda Fraga, coordinador do programa plurilingüe no IES Rafael Dieste, de Coruña; Jesús Fidalgo, profesor de Física do IES de Ames; Estevan Cochenet, da Escola de Idiomas de Pontevedra. O moderador será o subdirector xeral de Ordenación, Innovación Educativa e Formación do profesorado, Manuel Vila.

Xa na sesión de tarde haberá una presentación de Becas prácticas sobre o pluringüismo nos centros educativos. Participarán: Gema Cillero, do CEIP “Vista Alegre” de Burela; Dolores Patiño e Cristina Rodríguez, da Escola de Idiomas de Santiago; Fernando Zapico, coordinador de plurilingüismo no Principado de Asturias; Juan Luis Neira e María del Carmen Domarco, do IES “Cidade de Antioquía” de Xinzo de Limia. A sesión do venres finalizará cun concerto da Orquestra Sinfónica do Conservatorio Profesional de Música da Coruña.