O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria recibiu aos alumnos que participaron na fase nacional da Olimpíada Matemática

Xov, 12/04/2012 - 19:24
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria recibiu aos alumn
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria recibiu aos alumnos que participaron na fase nacional da olimpíada matemática

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad,mantivo un encontro  cos alumnos galegos que participaron na fase nacional da Olimpíada Matemática, Óscar Rivero, Carlos García Lin e Gonzalo Cao.

Ao encontro asistiu tamén Felipe Gago, profesor da Universidade de Santiago de Compostela e delegado para Galicia da Comisión da Olimpíada Matemática.