Vázquez Abad asina o primero convenio de colaboración coa Fundación Empresa Universidade Galega destinado aos titulados en Formación Profesional

O conselleiro de Cultura e Educación e o director xeral de FEUGA salientan a necesidade de unir esforzo mellorando o aproveitamento dos recursos dispoñibles

A través deste documento establécese o desenvolvemento dun mecanismo que facilite a realización de prácticas en empresas de calquera tamaño e sector de actividade

Lun, 02/04/2012 - 13:43
Vázquez Abad asina o primeiro convenio de colaboración coa Fundación Empresa Uni
Vázquez Abad asina o primeiro convenio de colaboración coa Fundación Empresa Universidade Galega destinado aos titulados en Formación Profesional

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, e o director xeral da Fundación Empresa Universidade Galega (FEUGA), Francisco J. Pereiro Pérez, asinaron hoxe o primeiro convenio de colaboración para o apoio aos programas de bolsas de formación práctica de persoas tituladas en Formación Profesional. O encontro entre ambos representantes tivo lugar San Caetano, e nel tamén estivo presente o director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, José Luis Mira.

Deste xeito a Consellería e a FEUGA dan conta da necesidade de unir esforzos, mellorando o aproveitamento dos recursos dispoñibles e coordinando medidas de apoio ás iniciativas de formación práctica en empresas e inserción profesional de persoas tituladas da FP. No documento asinado hoxe queda reflectido o acordo en actuacións dirixidas a facilitar o progreso no itinerario profesional das devanditas persoas tituladas e que faciliten a relación destas e as empresas.

O desenvolvemento

Así, o convenio da conta de que a FEUGA implantará e desenvolverá programas e actuacións específicos encamiñados a desenvolver o mecanismo que facilite a realización de prácticas en empresas de calquera tamaño e sector de actividade.

No convenio asinado hoxe está incluída a creación dunha comisión de seguimento que terá entre as súas labores a de propor actuacións concretas de colaboración, preparar anexos de execución do convenio e realizar o seguimento das actuacións específicas que se leven a cabo.

A Consellería de Cultura e Educación volve a dar conta do traballo desenvolvido a prol dos estudantes galegos, neste caso de aqueles que optan pola Formación Profesional dándolles a través da FEUGA unha nova oportunidade de incorporarse ao mundo da empresa.