Xesús Vázquez Abad resalta a necesidade da excelencia académica no almorzo de Forum Europa celebrado en Santiago

Durante a súa intervención o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria recordou algúns dos principais retos da educación superior en Galicia son común coa meirande parte de rexións e países

Asemade destacou os importantes pasos que se están a dar pola Xunta a prol da calidade e a excelencia no relativo á Formación Profesional e ás Universidades

Mar, 27/03/2012 - 16:50
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Ab
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, protagonizou hoxe o almorzo informátivo do Fórum Europa Tribuna Galicia

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, protagonizou hoxe o almorzo informátivo do Fórum Europa Tribuna Galicia, organizado por Nueva Economía Fórum. Durante su intervención o conselleiro realizou un amplo repaso a actual situación da educación superior en Galicia en torno á Formación Profesional e ás Universidades.

Durante o encontro o conselleiro recordou os datos publicados pola Comisión Europea, que para 2020 cifra o incremento da demanda de traballadores cualificados ata o 85% do total. Segundo sinalou Vázquez Abad “este horizonte motívanos a seguir cambiando e mellorando o conxunto do sistema educativo en todos os ámbitos, pero dun xeito moi especial no eido da excelencia académica”, ao tempo que recordou que “algúns dos principais retos e desafíos aos que se enfronta a educación superior son comúns á meirande parte de rexións e países son, entre outros, a igualdade de condicións de acceso, a mellora da calidade do ensino ou a empregabilidade”.

Grandes pasos na Formación Profesional

Respecto da FP esta administración esta a dar grandes pasos desde a súa chegada, así o recordou o conselleiro ao sinalar que “xa temos adaptados 47 currículos de ciclos formativos- 41 desde o 2009- segundo ás esixencias da Lei de Cualificación profesionais”. Ademais incidiu en que nos cambios realizados pola Consellería teñen reflexo nos datos. Así o número de prazas en Centros Integrados de FP incrementouse nun 80,34% chegando ás 6.420; do mesmo xeito o alumnado matriculado en FP a Distancia sitúase en 957.

Tras sinalar que o seu departamento apostou pola promoción da cultura emprendedora a través de “Eduemprende” e dos 9 viveiros de empresa que xa están funcionando. A isto engadiu que xunto a estas actuacións destaca a convocatoria do proceso de avaliación, recoñecemento e acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral ou de vías non formais de formación, e segundo dixo vai contar para este 2012 con 9.555 prazas.

Actualización nas Universidades
Por outra banda no relativo ao sistema universitario Vázquez Abad recordou que a Consellería ven de facer público o anteproxecto da Lei de Universidades que “supón unha modificación, actualización e perfeccionamento do noso marco legal educativo á realidade”.

Xunto a isto destacou a importancia do Plan de Financiamento do que dixo que “Galicia foi a primeira comunidade en levar adiante unha modificación profunda e máis xusta no financiamento das universidades”, ao que engadiu que “na actualidade o criterio histórico está a ser progresivamente modificado, valorándose 30 indicadores de eficiencia do sistema, que alcanzan a todas as actividades universitarias de docencia, investigación e transferencia social”.

Apoio orzamentario

Para Vázquez Abad a Consellería coa Educación queda reflectido en todas as súas accións, e nese sentido recordou que “nun ano especialmente complicado, Galicia foi a única comunidade que aumentará nos seus orzamentos as achegas ás universidades. Estamos a falar dun 0,63% máis que o ano pasado e estamos a falar de 2,7 millóns de euros”.

No ámbito universitario o titular de Cultura e Educación da Xunta recordou que “logo dunha análise pormenorizada das necesidades que o sistema de I+D universitario ten en Galicia, decidimos concentrar os recursos da Consellería en cinco instrumentos principais”.

Respaldo á investigación

Sobre a potenciación e financiamento basal ou estrutural para grupos, dixo que en 2012 financiaranse 204 accións que implican a máis de 2.100 investigadores. Do mesmo xeito, continúase coa financiamento de 350 proxectos de investigación; incentivase a concorrencia dos grupos de investigación competitivos galegos para acadar financiamento europeo e fináncianse 33 proxectos de investigadores noveis e xoves. No relativo á carreira científica se financiará con este instrumento a incorporación de investigadores aos Campus de Excelencia Internacional: Campus Vida en Santiago e Campus Mar en Vigo: Serán 425 investigadores con contratos vinculados á carreira científica. Tamén se apoian os Centros de Investigación a través dun contrato Programa de centros de investigación coas tres universidade se ademais intensificase o Programa de consolidación e estabilización de investigadores nas universidades galegas, o que supón o financiamento de 38 contratacións estables.

No relativo ao anteproxecto da Lei de Universidades que a Consellería ven de publicar destacou que “pretendese aportar un marco coherente e contemporáneo ao noso sistema universitario e mellorar os actuais niveis de eficiencia e excelencia a nivel nacional e internacional. Trátase dunha norma que- afirmou-, permitirá que o noso Sistema Universitario se adapte correctamente aos cambios e esixencias socio-educativas durante os seguintes quinquenios. Cómpre recordar que este anteproxecto é un paso definitivo cara á nova Lei de Universidades, desenvolvida para substituír, tras máis de 20 anos en vigor, á Lei 11/1989, de 20 de xulllo, de ordenación do Sistema Universitario de Galicia”.

Xesús Vázquez Abad pechou a súa intervención no encontro, celebrado hoxe pola mañá no Hostal dos Reis Católicos de Santiago, dicindo que “como conclusión preliminar vale dicir que as achegas de novos recursos deben estar condicionadas a promoción dun concreto paquete de medidas que eviten ou restrinxan estas ineficiencias e, en segundo lugar, á obtención de resultados medibles e obxectivos por parte das universidades que indiquen o grao de corrección das devanditas ineficiencias. Acadar unha educación superior baseada en criterios de eficiencia, calidade, excelencia e competitividade global e local para Galicia constitúe un obxectivo prioritario para a Consellería de Cultura e Educación. Pois a educación é un gran investimento de futuro e como tal debe ser abordado”.