Puntuacións provisionais de todos as persoas solicitantes admitidas e relación provisional de persoas excluídas, correspondentes ao período extraordinario nos CRD da Coruña e Ourense 2023/24

Lun, 18/09/2023 - 11:11

Resolución do 18 de setembro de 2023 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se publican as listaxes coas puntuacións provisionais de todos as persoas solicitantes admitidas, indicando a puntuación desagregada (rendemento académico e criterios socioeconómicos) e a puntuación total por orde descendente; a relación provisional de persoas excluídas, indicando a causa de exclusión, correspondentes ao período extraordinario nos CRD da Coruña e Ourense, de acordo co previsto nos artigos 34 e 35 da Orde do 16 de maio de 2023 pola que se convocan prazas de residencia nos CRD da Coruña, Ourense e Vigo para o curso 2023/24 (DOG núm. 106, do 6 de xuño).

As persoas solicitantes poderán formular reclamación ante a comisión de valoración.

Prazo para presentar reclamación: entre o 18 e o 25 de setembro de 2023 (ambos incluídos).