Admisión a cursos de especialización de formación profesional. Adxudicación de prazas. Curso 2023-2024

Mér, 19/07/2023 - 08:52

Publicadas as listaxes de persoas con praza adxudicada en cursos de especialización para o curso 2023-2024.

O prazo de matricula ou renuncia do alumnado admitido en cada curso de especialización abrangue desde o mércores 19 de xullo ata as 13:00 horas do mércores 26 de xullo de 2023. A matrícula ou a renuncia deberase realizar no centro educativo da praza adxudicada. A renuncia a unha praza adxudicada realízase para permanecer en listaxe de espera doutra de mellor preferencia dentro dos cursos de especialización. As persoas con praza adxudicada nun curso de especialización son excluídas do resto dos procesos de admisión de formación profesional.