Orde do 13 de xullo de 2009 pola que se convocan bolsas de prórroga para a realización de estudos oficiais nas universidades do sistema universitario de Galicia conducentes ao título de máster universitario

Sáb, 13/06/2009 - 14:20

Estas bolsas están destinadas aos alumnos aos cales por Orde do 27 de novembro de 2008 da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (DOG do 4 de decembro) lles foi concedida unha bolsa para a realización de estudos oficiais de posgrao conducentes ao título de máster universitario, sempre que o título comprenda dous cursos académicos.