Un total de 64.200 alumnos de 630 centros estudarán o vindeiro curso con libro electrónico no marco do programa E-Dixgal da Xunta de Galicia

O Portal Educativo publica a incorporación de 34 centros a este programa

Facilítanse ultraportátiles e acceso a contidos e materiais totalmente de balde a estudantes entre 5º de Primaria e 4º de ESO

Esta acción enmárcase na Estratexia de Educación Dixital 2030, orientada a fomentar as competencias e capacidades dixitais para unha verdadeira transformación dixital

Sáb, 13/05/2023 - 11:10
e

Un total de 64.200 alumnos de 630 centros educativos estudarán con libro electrónico gratuíto o vindeiro curso 2023-24, tras a incorporación de 34 novos centros ao programa E-Dixgal da Xunta de Galicia.

Tal e como publica o Portal Educativo, destes 34 novos centros (12 da provincia da Coruña, catro de Lugo, catro de Ourense e 14 de Pontevedra), 24 incorporan o programa na etapa de Primaria, nove en ESO e un en Primaria e ESO á vez. Ademais, dous centros que xa contaban co programa en Primaria incorpórano para o curso que vén en 1º de ESO.

Por provincias, 225 deles están na da Coruña, 102 na de Lugo, 58 na de Ourense e 245 na de Pontevedra.  

Contidos e materiais

A través do E-Dixgal, a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia pon a disposición de centros e alumnos ultraportátiles con acceso a libro e materiais dixitais cos que desenvolver o seu proxecto curricular.

Así pois, os colexios e institutos adheridos desenvolven a súa actividade educativa diaria nun entorno virtual de aprendizaxe que lles vai permitir acceder a contidos dixitais totalmente de balde para as familias.  

Para ilo, as aulas contan cun kit de aula dixital composto por pizarra dixital interactiva, proxector e equipo no posto do profesor e conexión á rede de datos do centro. Ademais, cada alumno conta cun ordenador ultraportátil en réxime de préstamo para o seu uso.  

Os participantes no proxecto poden acceder a unha plataforma de Entorno Virtual de Aprendizaxe na que están dispoñibles tanto contidos editoriais diversos para as diferentes etapas como o repositorio de contidos do espazo Abalar que actualmente supera os 1674 recursos. A Xunta continúa traballando na ampliación deste material. 

De igual xeito, os centros teñen á súa disposición o repositorio de contidos educativos dixitais do espazo Abalar, con máis de 2.500 recursos educativos dixitais complementarios en sete idiomas.  

A maiores, o profesorado pode crear, seleccionar ou engadir ao entorno os seus propios materiais. Con estes recursos, os docentes poden elaborar a súa propia mochila dixital seleccionando a través da plataforma os contidos formativos e incorporando os complementarios que desexen, así como outros de elaboración propia. 

Transformación dixital

O programa E-Dixgal arrancou no curso 2014-15 como un proxecto experimental para alumnado de 5º e 6º de Primaria e 1º e 2º de ESO. No 2021-22 ampliouse á toda a etapa de Secundaria coa incorporación de 3º e 4 curso, o que permite que o alumnado poida estudar con este sistema durante seis cursos consecutivos.

Esta acción forma parte dos obxectivos prioritarios da Estratexia de Educación Dixital 2030, orientados a fomentar o desenvolvemento dun ecosistema educativo dixital de alto rendemento e perfeccionar as competencias e capacidades dixitais para unha verdadeira transformación dixital.   

Provincia da Coruña (centros de nova incorporación):

CEE María Mariño

A Coruña

IES Ramón Otero Pedrayo

A Coruña

CEIP O Marbán

As Somozas

CEIP de Escarabote

Boiro

CEIP Praia Xardín

Boiro

CEIP Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro

Cerceda

CEIP Plurilingüe Virxe do Mar

Narón

CEIP As Forcadas

Ponteceso

CEIP de Portosín

Porto do Son

CEIP Plurilingüe de Frións

Ribeira

CEIP Pedro Barrié de la Maza

Sada

IES Eduardo Pondal

Santiago de Compostela

Provincia de Lugo (centros de nova incorporación):

CEIP Albeiros

Lugo

CPR Plurilingüe Divino Maestro

Lugo

CEIP Ricardo Gasset

O Incio

IES Santiago Basanta Silva

Vilalba

Provincia de Ourense (centros de nova incorporación):

CEIP Augusto Assía

A Mezquita

CEIP de Medeiros

Monterrei

CPR Cardenal Cisneros

Ourense

CPR Plurilingüe Divino Maestro

Ourense

Provincia de Pontevedra (centros de nova incorporación):

CEIP Plurilingüe As Solanas - Nicolás Gutiérrez Campo

A Guarda

IES Johan Carballeira

Bueu

CEIP Pío Cabanillas Gallas

Dozón

IES Chano Piñeiro

Forcarei

CEIP Plurilingüe Vicente Arias de la Maza

Lalín

CEIP Plurilingüe Pena de Francia

Mos

CEIP Daría González García

Pontevedra

IES A Xunqueira I

Pontevedra

CEIP Plurilingüe de Porto Cabeiro

Redondela

CEIP Magaláns-Dorrón

Sanxenxo

CPR Plurilingüe Niño Jesús de Praga

Vigo

CEIP A Lomba

Vilagarcía de Arousa

CPR Plurilingüe Sagrada Familia

Vilagarcía de Arousa

CEIP Plurilingüe de San Bartolomé

Vilanova de Arousa

Centros que amplían á etapa de Secundaria:

CPI Plurilingüe Cabo da Area

Laxe (A Coruña)

CPI de Viaño Pequeno

Trazo (A Coruña)