Preto de 40 centros educativos intercambiarán boas prácticas docentes ao abeiro do programa ‘Observa_Acción’

A Xunta impulsa esta iniciativa para fomentar o desenvolvemento das Competencias Profesionais Docentes e a aprendizaxe conxunta entre profesores

Favorécese o traballo en equipo do profesorado con intereses compartidos e mesmo se abre a porta á colaboración con centros doutras CCAA ou países

Sáb, 06/05/2023 - 10:25
o

Un total de 36 centros educativos galegos intercambiarán boas prácticas docentes ao abeiro da segunda fase do programa Observa_Acción, convocado pola Xunta para fomentar o desenvolvemento das Competencias Profesionais Docentes e a aprendizaxe conxunta entre os profesores.

En concreto, o intercambio permite experimentar novas vías de formación do profesorado e favorecer a innovación educativa nos centros, ao tempo que se facilita aos docentes a posibilidade de observar de forma directa metodoloxías nos procesos de ensino-aprendizaxe, xeitos de relación e comunicación ou vías de xestión dos recursos propios e alleos que desenvolven outros centros. Así mesmo, favorécese o traballo en equipo do profesorado con intereses compartidos e mesmo se abre a porta á colaboración con centros doutras comunidades autónomas ou países.

Nesta segunda fase, que se desenvolverá ata xuño, cada centro ten outro asignado co que intercambiará experiencias durante un máximo de dous días, mentres actuará como mentor e observador, compartindo, colaborando, reflexionando, observando e formándose mutuamente. O equipo implicado estará integrado por un representante do equipo directivo formando parte dun grupo de entre tres a cinco docentes que realizarán unha visita a outro centro educativo para observar a súa práctica profesional e implicarse nun diálogo que contribúa á mellora das súas capacidades. Esta fase será xestionada polo equipo directivo e coordinada polo Centro de Formación e Recursos correspondente á súa zona.

Os centros seleccionados son os reflectidos na seguinte táboa:

Provincia

Concello

Centro

A Coruña

A Coruña

Escola Oficial de Idiomas da Coruña

A Coruña

A Coruña

CEIP Emilia Pardo Bazán

A Coruña

Ames

IES Plurilingüe de Ames

A Coruña

Arteixo

CEIP Ponte dos Brozos

A Coruña

Betanzos

IES Francisco Aguiar

A Coruña

Boiro

IES Plurilingüe A Cachada

A Coruña

Cerceda

CPI Plurilingüe O Cruce

A Coruña

Cerceda

CEIP Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro

A Coruña

Fene

CEIP Plurilingüe de Centieiras

A Coruña

Ferrol

CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro

A Coruña

Ferrol

IES Sofía Casanova

A Coruña

Ferrol

CEIP Plurilingüe A Laxe

A Coruña

Monfero

CPI Plurilingüe Virxe da Cela

A Coruña

Oroso

CEIP Plurilingüe do Camiño Inglés

A Coruña

Outes

CEIP Plurilingüe de Outes

A Coruña

Padrón

CEIP Flavia

A Coruña

Porto do Son

CEIP Plurilingüe de Sobrado-Nebra

A Coruña

Santiago de Compostela

IES Arcebispo Xelmírez II

Lugo

Burela

IES Monte Castelo

Lugo

Monforte de Lemos

IES Río Cabe

Lugo

Sarria

IES Xograr Afonso Gómez de Sarria

Ourense

Celanova

IES Celanova Celso Emilio Fereiro

Ourense

Viana do Bolo

IES Carlos Casares

Ourense

Vilamarín

IES de Vilamarín

Pontevedra

Cerdedo-Cotobade

CEIP Plurilingüe de Tenorio

Pontevedra

Marín

CEIP de Ardán

Pontevedra

Marín

CEIP Plurilingüe da Laxe

Pontevedra

Moraña

CPI Plurilingüe Santa Lucía

Pontevedra

Mos

CEIP Mestre Martínez Alonso

Pontevedra

Pontevedra

IES Sánchez Cantón

Pontevedra

Pontevedra

Escola Oficial de Idiomas de Pontevedra

Pontevedra

Pontevedra

CEIP de Parada-Campañó

Pontevedra

Pontevedra

IES A Xunqueira II

Pontevedra

Vigo

IES Valadares

Pontevedra

Vilaboa

CEP Plurilingüe de Riomaior

Pontevedra

Vilaboa

CRA de Vilaboa Consuelo González Martínez

 

Catro fases

A primeira fase do programa, desenvolvida no primeiro trimestre do ano, consistiu na observación das prácticas metodolóxicas entre docentes do mesmo centro educativo. A terceira, prevista para o período outubro de 2023–febreiro de 2024, será de colaboración entre diferentes CCAA adheridas ao programa, incluíndo a recepción dun máximo de cinco docentes, durante un máximo de tres días, a centros doutras comunidades e viceversa para realizar a observación.

Finalmente a cuarta fase, de febreiro a xuño de 2024, será a de internacionalización. Consistirá nunha estadía nun centro educativo dun dos países socios europeos, o que permitirá aos docentes entrar en contacto coa realidade diaria dun sistema educativo nun contexto internacional.