Título node Learning object
A primeira edición de ‘O meu libro preferido’ en Galicia, a través da Fundación José Manuel Lara, ten por obxectivo o fomento da lectura entre a xuventude a través dunha pequena reflexión escrita en lingua castelá ou galega, na que se explica cal é o seu libro preferido.
Este concurso está dirixido a alumnado de 1º e 2º de Educación Secundaria Obrigatoria matriculado en Centros Educativos da Xunta de Galicia, xa sexan de ensino público, concertado ou privado.
Cada centro participante seleccionará os cinco mellores traballos dos presentados por cada clase e/ou curso de 1º e 2º da ESO, redaccións que se enviarán ao formulario habilitado na web do concurso. O/a docente encargarase de realizar estes envíos a través do dito formulario.
Tamén se poderá participar na modalidade de booktrailer, que consistirá na realización dun vídeo orixinal e inédito no que se faga un comentario crítico do libro elixido para o relato (duración máxima de un minuto e subido a Youtube polo/a docente). Neste caso, cada concursante poderá mandar un xunto co seu relato escrito.
- Premios
- Alumnado: unha tableta de última xeración Samsung e un libro publicado nun selo editorial do Grupo Planeta.
- Profesorado do alumnado dos relatos gañadores: unha tableta de última xeración Samsung.
- Centros docentes do alumnado dos relatos: un cheque libro de cen euros (100€) para intercambiar na Casa do Libro.
- Xunto ás persoas premiadas mencionadas, elixirase un único texto como ‘gañador/a absoluto/a’, cuxo autor/a contará tamén cun premio extra: un cheque libro de 300 euros (300 €) para intercambiar na Casa do Libro.
- Prazo de participación: 2 de marzo a 15 de maio de 2023.
Pódese consultar toda a información no documento anexo das bases do concurso.