A Consellería de Cultura e Educación, a través do Consorcio Audiovisual de Galicia, destaca o éxito do catálogo “Shorts from Galicia” no festival Clermont-Ferrand

Ven, 03/02/2012 - 16:05
A Consellería de Cultura e Educación, a través do Consorcio Audiovisual de Galic
A Consellería de Cultura e Educación, a través do Consorcio Audiovisual de Galicia, destaca o éxito do catálogo “Shorts from Galicia” no festival Clermont-Ferrand

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través do Consorcio Audiovisualde Galicia, destaca o éxito do catálogo Shorts from Galicia 2012 na 27 edición do Mercado Internacional de Curtametraxes de Clermont-Ferrand, onde recibiu unha grande acollida.

A presentación do catálogo neste evento proporcionou contactos con numerosos festivais especializados no pequeno formato de países europeos como Francia, Portugal, Gran Bretaña e Italia, ademais de países do continente americano como Canadá, México, Colombia e Arxentina, entre outros. Así mesmo, compradores de varias televisións, como Canal+ e aTVE (a través do programa “Metrópolis”), tamén amosaron especial interese nas curtas galegas.

Sete curtametraxes

O catálogo reúne sete curtametraxes galegas producidas nos últimos dous anos e seleccionadas coa colaboración dos tres festivais de curtas máis relevantes de Galicia (Festival de Cans, Curtocircuíto e FicBueu), nos que estas obras resultaron gañadoras e/ou finalistas. As curtametraxes que o compoñen son Radiografía dun autor de tebeos (Marcos Nine); Amistad (Alejandro Marzoa); Gato encerrado (Peque Varela); Birdboy (Pedro Rivero e Alberto Vázquez); Estereoscopía (Xacio Baño); Vicenta (Sam Orti) e ¿De qué se ríen las hienas? (Javier Veiga).

Entre elas acumulan un total de 86 premios e unha traxectoria de preto de 260 seleccións en diversos certames, destacando a recente candidatura de Birdboy para os Goya deste ano na categoría de mellor curtametraxe de animación. Clermont-Ferrand, é a cita máis prestixiosa a nivel europeo e un dos principais festivais do mundo no seu xéneroao reunir aos principais distribuidores, programadores e compradores de toda Europa. Na presente edición contou con máis de sete mil filmes procedentes de 120 países.

Trabalo en Galicia

Shorts from Galicia 2012 recolle unha escolma do que se está a facer na nosa comunidade no pequeno formato en diferentes xéneros (ficción, animación e documental). Consta dun DVD coas sete producións en versión orixinal e subtítulos dispoñibles en inglés e castelán, así como as fichas técnico-artísticas das curtametraxes e as biofilmografías dos directores nos dous idiomas.

Para a súa promoción, o catálogo distribuirase nos festivais e mercados de referencia de todo o mundo nos que participa o Consorcio Audiovisualde Galicia,  institucións involucradas na comercialización, programadores cinematográficos, así como televisións, organismos e profesionais relacionados co mundo da curtametraxe. Ademais, habilitarase unha versión dixital na nova web do organismo que será presentada proximamente.

Menús News node R

Tema