A Consellería de Cultura e Educación, a través do Consorcio Audiovisual de Galicia, organiza a master class “Audiovisual Marketing & International Sales” para profesionais do sector

Xov, 02/02/2012 - 11:45
A Consellería de Cultura e Educación, a través do Consorcio Audiovisual de Galic
A Consellería de Cultura e Educación, a través do Consorcio Audiovisual de Galicia, organiza a master class “Audiovisual Marketing & International Sales” para profesionais do sector

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través do Consorcio Audiovisual de Galicia organiza unha master class baixo o título Audiovisual Marketing and International Sales.

A charla, organizada coa colaboración da Academia Galega do Audiovisual e o Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), terá lugar o vindeiro martes 7 de febreiro na aula CeMIT do Centro Multimedia de Galicia e será impartida pola experta canadense en vendas internacionais, Félize Frappier.

Na master class, a docente falará, primeiramente, da súa experiencia e o funcionamento do mercado audiovisual en Canadá, nunha segunda parte afondará nos pasos a seguir para preparar a asistencia a un mercado internacional e, finalmente, abordará a explicación dun caso práctico no que amosará algúns exemplos de estratexias de lanzamento e promoción.

O relatorio está dirixido a aqueles produtores, axentes de vendas internacionais e outros profesionais do sector audiovisual, ademais dos alumnos que asisten ao monográfico de Inglés Audiovisual que organiza actualmente o Consorcio, que desexen potenciar e ampliar as súas destrezas comunicativas en inglés no ámbito da industria e mercado dos medios audiovisuais.

Relatorio en versión orixinal inglesa

Co fin de familiarizar aos asistentes co vocabulario técnico habitual empregado neste eido, a experta docente impartirá a master class integramente en inglés. De todos modos, a sala tamén disporá dun servizo de tradución simultánea que deberá ser solicitado, por aqueles que o precisen, no formulario de inscrición ao acto.

Currículo de Félize Frappier

Félize Frappier traballa no sector da distribución como axente de vendas para Max Films International desde 2003, conseguiu vendas para películas como Seducing Dr. Lewis, The Far Side of the Moon, Borderline e Crying Out. No 2010 deu un paso cara a produción para producir a primeira película de Guy Édoin, Marécages (Wetlands). O filme conseguiu a súa premiere mundial o pasado ano na Semana da Crítica de Venecia e despois abriu a sección “Canada First” en Toronto en 2011, antes de ser seleccionada en seccións oficiais de numerosos festivais (entre outros Pusan 2011, Vancouver 2011, Namur 2011, Chicago 2011, Valladolid 2011).

No eido académico hai que indicar que se graduou con honores en Literatura Francesa (McGill), é graduada en Xestión de Organizacións Culturais (HEC Montreal), realizou o EAVE Workshops (2008) e participou en varias sesións profesionais de capacitación (VA-HEC TV & Film Management 2006, Strategic Partners 2009, Rotterdam Lab 2011, Cannes Producers Network 2011).

Actualmente está a traballar no desenvolvemento de La Caniculedes pauvres (Heat wave), unha adaptación cinematográfica da novela epónima de Jean-Simon DesRochers, segunda longametraxe de Guy Édoin.

Menús News node R

Tema