Publicación do día e hora de realización da proba de coñecemento de lingua galega no procedemento normalizado ED001B

Ven, 27/01/2023 - 15:00

Xúntase a Resolución do 26 de xaneiro de 2023 pola que se fai público o día e a hora de realización da proba de lingua galega e o día e a hora de realización do sorteo público para a designación dos/as vogais dos tribunais de valoración da proba de lingua galega nos procedementos selectivos extraordinarios de estabilización para o ingreso, mediante concurso de méritos, aos corpos de profesores de ensino secundario, profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional, profesores de escolas oficiais de idiomas, catedráticos de música e artes escénicas, profesores de música e artes escénicas, profesores de artes plásticas e deseño, mestres de taller de artes plásticas e deseño e de mestres da Comunidade Autónoma de Galicia convocado mediante a Orde do 19 de outubro de 2022 (código de procedemento ED001B).