Xesús Vázquez Abad mantén un encontro coa directora do Museo do Mar de Vigo

Mér, 01/02/2012 - 11:20
Xesús Vázquez Abad mantén un encontro coa directora do Museo do Mar de Vigo
Xesús Vázquez Abad mantén un encontro coa directora do Museo do Mar de Vigo

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad; o secretario xeral técnico da Consellería, Jesús Oitavén; e o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, mantiveron hoxe un encontro coa directora do Museo do Mar de Galicia, Marta Lucio.

Na reunión, celebrada en San Caetano, o conselleiro mostrou o seu apoio á dirección do centro, así como a súa vontade de visitar o Museo do Mar, situado en Alcabre, Vigo. Asemade na xuntanza se abordaron as principais liñas estratéxicas da institución.