Valentín García realiza a súa primeira visita institucional á Real Academia Galega

O secretario xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura e Educación visitou hoxe a sede da RAG na Coruña, onde foi recibido polo seu presidente e polos membros da comisión executiva

Na xuntanza, Valentín García e Xosé Luís Méndez Ferrín intercambiaron impresións acerca dos proxectos de colaboración entre as dúas institucións

Mér, 25/01/2012 - 16:45
O secretario xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura e Educación
O secretario xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura e Educación visitou hoxe a sede da RAG na Coruña, onde foi recibido polo seu presidente e polos membros da comisión executiva

O secretario xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Valentín García, realizou esta mañá a súa primeira visita institucional á Real Academia Galega, onde mantivo un encontro co seu presidente, Xosé Luís Méndez Ferrín.

Na xuntanza, que tivo lugar na sede da RAG na Coruña, tamén estiveron presentes os membros da comisión executiva da entidade Xosé Luís Axeitos, secretario; Manuel González González, tesoureiro e Francisco Fernández Rei que é o vicesecretario.

Durante a visita o presidente da RAG trasladoulle a Valentín García información sobre o estado dos proxectos que se están a desenvolver no marco da colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística. Ademais no encontro intercambiáronse puntos de vista sobre as iniciativas a prol da lingua que se impulsan desde ambas institucións.

Envíanse  fotografías do encontro nas que aparecen o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o presidente da Real Academia Galega, Xosé Luís Méndez Ferrín, e os membros da comisión executiva da entidade.

Menús News node R