Ampliación do prazo para presentar solicitudes aos premios de innovación educativa Innovagal 2022

Lun, 03/10/2022 - 14:56

A Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa vén de publicar a ampliación do prazo para presentar solicitudes aos premios de innovación educativa Innovagal 2022 para todos os centros educativos non universitarios de titularidade pública e dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formacion Profesional e Universidades que figuran na resolución da convocatoria. O período de presentación de solicitudes rematará o luns, 17 de outubro de 2022. Ademais, xunto á ampliación de prazo publícase unha nota aclaratoria respecto ao peso dos ítmes que teñen que especificarse na folla de autobaremación do Anexo II.