Aviso de corte nos servizos informáticos da Consellería

Xov, 04/08/2022 - 08:00

Coa finalidade de realizar tarefas de mantemento e mellora, este sábado 6 de agosto entre as 8:00 e as 16:00 horas (hora estimada de finalización), permanecerán pechadas as aplicacións informáticas da Consellería, tanto web como móbiles. Seguirán abertas non obstante o correo web e os portais.

Os equipos da Xerencia de Proxectos de Educación e da Área de Infraestruturas e Telecomunicacións da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) son conscientes de que este corte xerará trastornos polo que agradecen de antemán a súa comprensión e colaboración.